lunes, 22 de abril de 2024

05 MAIO, BOQUEIXON: VII TROFEO KUMI KATA PRIMAVERA




LUGAR DE REALIZACIÓN: 

Pavillón de Boqueixón

Forte, 39 - 15881 Boqueixón, A Coruña

...........

Accesos fóra do pavillón 

Dentro do pavillón:


NORMAS PARA @S JUDOKAS 



sábado, 20 de abril de 2024

RESULTADOS FINAIS LIGA OLEIROS: O EQUIPO SUB11 PRATA NA LIGA

Hoxe sábado 20 de abril terminaba unha nova edición da Liga do Concello de Oleiros, organizada polo JC Oleiros, a quen coma sempre agradecemos a súa invitación e a súa gran organización. É un clásico de noso calendario.... e de moitos clubs galegos e mesmo asturianos. 

Comandaban a nosa expedición como adestradores Mano Pereira e Javi Veloso, axudados polo judoka s18 Hugo Viqueira. Moitas grazas aos tres!

Gran papel d@s nos@s judokas, que se resume:

CATEGORIA SUB 11

Na categoría s11 con 23 equipos quedamos nun intre de gañar a liga no play off polo título, xa que acabamos empatados a 2 victorias e 1 derrota. Victorias ante Lacaba 4-1 e JC Coruña 3-2 e derrota ante o gañador da liga, Avilés A por 0-1 nun encontro super axustado e cunha derrota in extremis. Aínda que tiñamos máis puntos, o sistema de desempate se determinaba polo enfrentamento directo entre os equipos empatados, co cal, Avilés levábase o ouro e nós a prata. Gran traballo e merecida medalla.




Lucas, Gonzalo, Hugo, Pablo, Martín, Hugo, Diego, Matías, Héctor

O equipo B loitaba na liga B vs cinco equipos e acabamos cun bo resultado de 3 victorias e 2 derrotas, a saber: 4-1 vs Sal Lence, 3-1 vs Shiai 1972, 3-2 vs Oleiros B; 1-3 vs Sagrado Corazón e 1-3 vs Oleiros A. Firmaban deste xeito un meritorio posto 15º. Noraboa igualmente!!

Martin, Valentina, Thiago, Manuel, Filipe, Pablo, Hugo, Caitán, Enzo

CATEGORÍA SUB 13

O noso equipo, quen pelexaba na liga A polos postos do 9º ao 12º fixo un bo papel, tendo en conta as baixas, e finalizaba 11ª nunha liga de 29 equipos! Victoria 3-1 vs Labaca Esclavas, derrota ante Hércules 3-0 e empate 2-2 (21-21 puntos) ante o Escola. Felicitamos tamén ao noso equipo sub13!

Marta, Ubaldo, Liam, Simón, Martiño, André
 


sábado, 13 de abril de 2024

SUPERCOPA ESPAÑA ABSOLUTA, MARÍN

Hoxe sábado 13 de abril saían ao tatami na Supercopa de España de Marín 3 judokas do noso club co fin de acumular combates e mesmo nalgún caso sumar puntos no ranking. Non houbo sorte e unha mestura de factores levaron a que ningún dos nosos judokas pasara da primeira rolda e tivese opción de repesca. 

En -60 kg competía Javi Veloso, junior de 1º ano, contra o valenciano Hinojosa, 9º do ranking nacional 2023. Máis forte ca nós nos agarres o rival consigue proxectar con sode. Perde en cuartos de final, co cal, ficamos sen repesca. 

En -90 kg tiñamos a David Alvarez e Alex González. David libra en primeira para facer contra o portugués Miguel Dias, moi forte nos agarres de zurdo, o que determina o combate, a pesar de empezar marcando David de wazari, recibimos 2 shidos, e polo medo ao terceiro shido entramos no xogo do rival, quen nos vence por uchi mata. Gaña o seguinte combate pero se lesiona, renuncia á semifinal e quedamos fóra da repesca. 

Alex sae contra o quinto de España 2023, o valenciano Arambarri, quen nos domina arriba e nós nos metemos detrás nos desplazamentos, o que acaba nun sutemi e ippon. O rival perde logo contra o portugués Diogo Luis e tamén quedamos sen repesca. 

Resumindo, sorteos complicados e unha mestura de circunstancias variadas, pero estamos nunha Supercopa, co cal, se queremos estar arriba, temos que ser quen de superalas. Boa actitude en todo caso dos nosos judokas... e a seguir sumando combates. 



miércoles, 10 de abril de 2024

SABADO 20 ABRIL: LIGA OLEIROS S11 + S13 PLAY OFF FINAL

 



CAMPIONATO GALICIA S15 E S18: 1 PRATA, 2 BRONCES E 2 7º

O sábado 6 tiñamos unha das citas importantes do ano no Galego s15 e s18. Iamos con 6 judokas con obxectivos claros dados os ranking e cptos ata a data: estar arriba en varios pesos. Quedamos moderadamente satisfeitos da actuación d@s nos@s judokas, cuxos resultados foron:

Prata: Mateo Bello +90kg s18

Bronces: Hugo Viqueira +81kg s18 e Claudia Vilaseco +63kg s15



7º posto: David Pérez +66kg s15 e Gabi Landín -42kg s15

9º: Claudia Martínez -52kg s18

Empezando c@s s18 tivemos un pouco de todo. Tiñamos 2 cabezas de serie número 1 no seu peso: Mateo e Claudia. Mateo en +90 kg deixounos un déjà vu: chegamos a final tras unha bonita proxección de tsuri goshi, para logo na final ante Noe González levar ben o combate e nunha acción embarullada, cóllennos arriba, ficamos atrás e nun makikomi a priori defendible, nós non damos resposta e nos marcan ippon. Unha mágoa repetir erros logo dunha tempada moi boa en xeral, pero con días como este sábado. Fica primeiro no ranking galego e con isto xa está clasificado para o nacional, mais non podemos permitirnos erros así. Claudia en -52 ía como favorita, pero non tivo o seu día, fisicamente non estivemos ben e iso levou a que non foramos quen de mentalmente sacar isto adiante e quedou sen medalla. Unha gran judoka, mais ás veces pasan estas cousas... Hugo en 81 kg fixo un gran campionato. Temos que controlar un pouco máis certos temas, pero marcou 2 ippons in extremis, remontando combates mesmo en golden score, como o bronce e só cedeu nos seus 4 combates en semis ante Freire, ex campión de España.

Os infantís viñan cunhas expectativas algo menores, pero saímos durmidos e David en +66 kg quedou fora da loita do bronce tras perder un combate que levabamos de sobra; Gabi en -42kg viña co obxectivo de disfrutar do torneo e facelo o mellor posible e quedou fóra das medallas. Ficamos contentos coa súa actitude. Claudia en +63kg viña co fin de gañar, mais non saímos centrados e quedamos fóra da final. No bronce victoria apretada, pero premia a súa ilusión. 






miércoles, 27 de marzo de 2024

NUCLEO ADESTRAMENTO DA COMARCA, 27 MARZO

Hoxe aínda ten  máis valor este proxecto desenvolvido desde a Delegación de Judo de Santiago, xa que nesta ocasión no medio da Semana Santa participaron aproximadamente 70 judokas de varios clubs de toda Galicia das categorías s-15 ata senior. Estiveron presentes 8 judokas nos@s e o sensei Manuel.