Dous compromisos nesta fin de semana... para variar ;) Por unha banda, a liga Rías Altas 1ª xornada, en Cambre, pola outra a Supercopa de España Junior de Asturias, en Xixón.
O sábado 07 acudían co sensei Manuel cinco judokas s15 do noso club ao tatami de Cambre con 4 medallas de bronce e un quinto posto. En xeral bo campionato, con algún dos nosos facendo 4 combates. Ben é certo que case todos eles empezaron a competición peor que a remataron; así por exemplo, os -42kg perdían por tomar riscos necesarios cando un gañaba e o outro levaba o combate ben controlado. Pero en xeral fixeron un bo papel.
Os bronces foron para Nahuel Martarelli e Simón González (42kg), Martín López (50kg) e Pablo Sardiña (55kg), este último gañando o combate pola medalla ao seu compañeiro Martiño Sacedo, quinto polo tanto.
O domingo 08 Hugo Viqueira competía en viaxe coa expedición do NuGa en Xixón na Supercopa de España Junior de Asturias. En liñas xerais bo campionato, pero por primeira vez Hugo perdeu un combate polo bronce, o cal foi con diferencia o peor de todos os que fixo hoxe, aínda si con opcións de victoria, indo detrás no marcador por 2 yukos a 1, para logo cometer un "suicidio" deportivo nunha contra mal feita ante o madrileño Cueva. Antes, victorias solventes ante Álvarez de Asturias e Nicolás Ara de Aragón. En semis combate moi igualado ante o judoka do Oleiros e compañeiro no NuGa, Ian Seguín, regalando un shido e recibindo outro polo menos inesperado. Na golden score, facemos mal un sutemi, ficamos parados no chan e o rival aproveita ben para inmovilizar. Boa competición como diciamos, pero nos sobraron un par de accións da semi e gran parte do combate polo bronce, cun Hugo aturullado e con presas. Unha mágoa pero aínda así satisfeitos por parte do traballo, polos puntos sumados... e a seguir en Colmenar na seguinte supercopa nunha semana.
















