domingo, 27 de septiembre de 2026

TORNEO SAN FROILAN, LUGO: 1 ouro, 1 prata, 3 bronces

Esta fin de semana foi intenso en Lugo, co adestramento federativo do sábado 26 e o torneo s15, s18 e junior o domingo.

O noso obxectivo era claro: para @s judokas que non adoitan competir a miúdo, darlles saída sen ter que ir a unha Copa de España; para @s judokas que teñen Copas de España en breve facer unha boa preparación nun ambiente relaxado e corrixir cousas.

O sábado tiña lugar a concentración federativa, onde tivemos alguna baixa de última hora, estando presentes: Hugo Viqueira, Mateo Bello, Dani González, Liam Otero, Simón González, Nahuel Martarelli, Claudia Vilaseco, Claudia Martínez.



Hoxe domingo no torneo causaban baixa Hugo e Claudia M tras saír tocados do adestramento, co cal tocan uns días de reposo. 


Mateo Bello, Dani González, Liam Otero, Simón González, Nahuel Martarelli, Claudia Vilaseco e Mario Fernández saían hoxe ao tatami, comandados polo sensei Fran.

🥇Mateo +100 junior
🥈Nahuel -38 s15
🥉Claudia -70 s18, Simón -42 s15, Mario -90 junior
🥋 Sen medalla Liam -55 s18 e Dani -66 s18

Un pouco de todo, en xeral por debaixo do noso nivel. Nahuel na liña ascendente dos seus últimos torneos salvo en contadas excepcións; Simón alternando bos combates con menos boa; Mario acosou a inexperiencia en junior; Claudia moi por debaixo do seu nivel; Liam mancou un dedo e toca valorar como inflúe para a Supercopa de Santander; Dani empezou ben pero entre un ippon en contra para nós inexistente no último segundo e algún error xa coñecido, non obteu o resultado deseable. Mateo sen complicacións pero temos que empezar a avanzar mais rápido se queremos cumprir obxectivos.






miércoles, 16 de septiembre de 2026

LUGO: SÁBADO 26 SETEMBRO > ADESTRAMENTO FEDERATIVO + 27 SETEMBRO DOMINGO > TORNEO S. FROILÁN

 

* SÁBADO 26 SETEMBRO - ADESTRAMENTO FEDERATIVO: 

HORARIOS, LUGAR, AUTORIZACIONS ETC > www.fgjudo.com 

* DOMINGO 27 SETEMBRO - TORNEO S. FROILÁN S15, S18 e JUNIOR: 

ATENCION!!! ULTIMA HORA!!!!






domingo, 13 de septiembre de 2026

SUPERCOPA JUNIOR OURENSE: HUGO VIQUEIRA PRATA

Retomamos tralo verán as Copas de España e xa en Galicia cunha prata de Hugo Viqueira este 12 de setembro e unha participación sen sorte para Claudia Martínez. 

Hugo sube a -90kg, onde consigue unha prata con mérito, tras victoria de ippon en primeira, para logo en semis batir ao seu rival da final do campionato galego da tempada pasada, cun ippon nun combate moi ben traballado. Na final ante Breixo Siso, quen bateu ao nº 1 do ranking nas semis, levamos o combate en agarres e iniciativa ante un rival que gaña a grande maioría das veces por contras... e caemos nunha delas. Vamos detrás por wazari, houbo opcións, mesmo no último minuto nunha acción quen pudo caer ao noso favor, pero os árbitros, ante a dificultade, optaron pola decisión máis cauta e non deron nada. Logo non fomos quen de sacar proveito á nosa mellor condición física. Unha mágoa pero bo compionato. 

Claudia en -52kg acostuma a ter principios de tempada desiguais e hoxe foi un deses días nos que non saímos espabilados e caemos ao chan de cara, nos fan sankaku e acabouse a festa sen opción de repesca. Claudia precisa sempre dun tempo para ir quentando motores, cousa que seguro fará así avance a tempada. 




miércoles, 29 de julio de 2026

EXAME CINTO NEGRO: 1º dan Hugo e 2º dan Claudia e Javi

O tempo pasa e cada ano seguen a saír remesas de cintos negros do noso club. Este ano non organizamos examen e sumámosnos á convocatoria do JC Escola en O Forte, Boqueixón.

Tres d@s nos@s judokas presentáronse e conseguiron o obxetivo marcado tras uns meses de preparación.

1º dan: Hugo Viqueira 

2º dan: Javi Veloso e Claudia Martínez 

A pesar das súa xuventude, ver avanzar ao 2º dan aos nosos judokas é todo un orgullo, como é ver a Hugo co 1º, o compañeirismo de Mateo Bello, quen foi de uke de Hugo, e o do s15 Nahuel Matarelli, quen non se quixo perder o exame e foi a ver e apoiar a seus compis.

Tralo exame, un pouco de socializar cos clubs amigos sempre ven ben e xantamos co JC Base, Escola e a gran Mestre e especialista en katas, Esther. 😃😋😋

Noraboa a tod@s el@s e xa esperando á seguinte quenda 👏🏽🦾👏🏽🦾









domingo, 14 de junio de 2026

EXHIBICIÓNS EN BRIÓN, MONTE DOS POSTES E A SIONLLA

Pechamos a semana coas últimas exhibicións dos coles nos que damos judo e, mailas baixas polo mes complexo que é judo, ficamos contentos coa participación d@s nos@s judokas no seus respectivos coles. Desta tocaban A Sionlla, Brión e Monte dos Postes, cos cales concluimos oficialmente a tempada a nivel escolar e agora seguimos co judo para os grupos de s15, ata maiores e competidores durante este verán.

Compartimos algunhas fotos das exhibicións mencionadas, dirixidas polos sensei Nico, Mano e Fran.







miércoles, 10 de junio de 2026

EXHIBICIONS FIN DE CURSO LA SALLE e FONTIÑAS

Non só falamos aquí de campionatos, senón tamén de todo evento que sexa importante no judo... en realidade todo o que forma parte da nosa evolución e crecemento como judokas: exames de cinto negro, participación en stages, campus, adestramentos especiais, etc. As exhibicións de fin de curso nos coles teñen unha importancia enorme, xa que son a nosa pantalla cara aos pais e ás nais, familia, amig@s do que facemos e de que ven que hai unha continuidade. 

Os diferentes coles foron facendo as súas exhibicións e dous deles foron un ao día seguinte do outro. Un dos nosos núcleos de judo de base máis importantes, Fontiñas, facía o mércores 10. 

O grupo de competición e de maiores, veteráns e demáis adestra no colexio de La Salle e tamén eles participan na exhibición do cole, xunto cos pequenos dos outros grupos. Ben é certo que xuño é un mes complexo e faltaron bastantes judokas en comparación ao total habitual, pero aínda así unha boa morea de judokas encheron o tatami do pavillón do cole o martes 09 xuño. 



Nos coles acábase oficialmente a actividade, pero os maiores e os competidores, a seguir traballando no tatami este verán. 

Noraboa a tod@s!!




domingo, 7 de junio de 2026

LIGA SERPE 06 XUÑO: última xornada LUGO

Este sábado 6 tiñamos no tatami en Lugo a 19 judokas desde biberón ata s15 pasando por s11, s13... na última xornada da Liga Serpe. 

Lembremos que se trata dunha nova liga con 5 xornadas na provincia de Lugo, na que hai un podio final e ningún gañador por xornada. Este formato innovador comparado coas ligas actuais fixo que para o noso club fose máis ben, salvo casos contados, unha liga máis para ir segundo xornada por categorías de idade e en función dos obxectivos particulares dos nosos judokas. E dicir, nalgunha xornada acudimos cun tropel, noutras con 2, noutras con 1-2 categorías, etc. Foi unha gran experiencia, porque cumprimos obxectivos, fixeron moitos combates, e en certas categorías, como por exemplo en -38kg masc s15 estaban practicamente todos os que disputaron medallas no campionato de Galicia e participantes en Copas de España. 

Gañador na súa categoría en toda a liga foi Martín Tuñas, e Ian Deusto foi bronce. Noraboa a ambos!!

Logo tivemos en varias categorías top10, entre s11, s13 e s15. En s18 levamos a algún judoka puntualmente. En resumidas contas, boa experiencia e moitas grazas a Lugokan e Lucus, organizadores do evento.

Onte, a expedición foi dirixida polos sensei Mano e Fran. 

Aí van algunhas fotos.