viernes, 12 de diciembre de 2025

ULTIMOS DATOS - LIGA SERPE, GUNTIN, SABADO 13 DECEMBRO

Alevín: nados en 2015 e 2014

Infantil: nados en 2013 e 2012

-----------------------

09:00: Apertura pavillón

09:30 - 10:00: Pesaxe (Cadete e) Infantil

10:15: Competición das categorías (Cadete e) Infantil

12:00 - 12:30: Pesaxe Alevín

12:30: Competición categoría Alevín

En todas as categorías poderán usar judogui de judo azul ou branco a elección d@ deportista.

Serán agrupados para competir por cintos e peso real, non por categoría "oficial" de peso. Pero ten que coincidir o peso que puxeron ao apuntarse ese día na competición. 

DOCUMENTACIÓN: DNI e autorización menores de idade (aquí abaixo nesta entrada)

LUGAR DE CELEBRACION 

Pavillón Municipal de Guntín

Lugar Guntin, 37, 27211 Guntín, Lugo









jueves, 11 de diciembre de 2025

SÁBADO 20 DECEMBRO: TORNEO NADAL O PINO - HORARIOS

 

Horarios previstos según categorías de idade:

2016-2017 - Entrada ó pavillón 9:00 - Competición 09:30
2018-2019 - Entrada ó pavillón 11:00 - Competición 11:15
2020-2021-2022- Entrada ó pavillón 11:30 - Competición 11:45
2014-2015 - Entrada ó pavillón 12:30 - Competición 12:45

Localización: PAVILLÓN O LAMEIRO.

Evento exclusivo para federados na tempada 2025/2026.


domingo, 7 de diciembre de 2025

SUPERCOPA S18 PAMPLONA + RÍAS ALTAS, CARBALLO S15, S18 e EQUIPOS SENIOR

Fin de semana completiña con eventos o sábado e o domingo en puntas opostas da Península. O sábado 6 marchaba Hugo Viqueira coa expedición do NuGa á Supercopa España Cadete de Pamplona, coa clara intención de lograr o ouro e subir escalóns e puntos nos rankings galegos e nacional. Algo subimos en puntuación, pero de novo un mal combate nos leva á repesca, onde si que xa presentamos unha mellor versión e logramos o bronce de novo. A continuar loitando pola clasificación directa ao nacional por ranking en -81kg. 

Libramos en primeira como cabeza de serie, para na segunda facer un combate dos peores do ano, senón o peor, desde moitas perspectivas. Equivocámonos en agarres, desprazamentos, técnicas intentadas... todo ao revés ante o tamén galego Leandro Rodrigues, quen nos marca, nós tamén, pero logo quedamos fóra por shidos. Na repesca victorias solventes ante García Espinoza (NAV) e Rancic (VAL), para facer un bo combate no bronce, ante o rioxano Beni Velilla, a quen marcamos e aguantamos a avantaxe. Como nas anteriores dúas ocasións, meritorio bronce tras repoñerse, pero estamos a regalar moitos puntos en combates nalgúns casos dominados por nós, para logo errar e botar o bo traballo pola borda. Aínda así, estamos na pomada grazas á constancia de Hugo, pero temos que seguir modelando cousiñas. 



LIGA RIAS ALTAS, CARBALLO, 7 DECEMBRO

O domingo longa xornada, mesmo se para esta 2ª xornada da liga decidimos acudir "só" con 3 categorías, sub15, sub18 e co equipo senior. 

Na categoría s15, bos resultados e en xeral boa competición dos nosos: unha prata, dous bronces e dous quintos. Nesta sesión estivo presente Claudia Martínez, axudando ao sensei Manuel. 


En -38kg Nahuel Martarelli sumaba unha nova boa actuación quedando ás portas da final, para logo conseguir o bronce. En -42kg Simón González deunos a impresión de poder facer algo máis, pero os detalles cada vez contan máis e, por pouco, quedamos fóra do podium, firmando un quinto posto. No podio de -46kg dous dos nosos: Liam Otero obtiá o bronce, tras facer un bo campionato, e perder unha semifinal de moito nivel, na que os shidos decidiron o gañador. No combate polo terceiro posto, gran barrido de Liam. Coma sempre moitas gañas, traballo e ilusión de Liam, quen quedou pola tarde para ver e axudar nos combates do equipo senior e da categoría s18. O outro judoka en -46kg foi Martín López quen fixo un gran campionato e meteuse coa moi boa xestión das avantaxes que obtiña, logrando unha meritoria prata. Quedaba tamén co quinto poste André Gregorio, quen estivo mellor que en Cambre, o cal é bo síntoma. Martiño Romero saía en -50 kg, quedando sen medalla. Costounos moito resolver ao noso favor situacións tácticas durante os combates. Noraboa a todos!




Na categoría sub-18 decidimos traer a un só judoka, Dani González, -55kg, a quen lle pesou o parón por culpa dun esguince e quedou fóra das medallas. Este ano está tendo mala sorte cun par de infortunios. Axudou neste caso Mario Vilaseco, quen viña para apoiar, dado o caso, en -75kg ao equipo senior e dirixir os combates de Dani. 

EQUIPOS MIXTOS
+85 Mateo Bello, -85 Ayoub Elmessaoudi (JC Sotillo), -75 Giga Gigani e Mario Vilaseco, -66 Hugo Soria (Famu), -60F Claudia Martínez, +60F Montse Pardo (JC Sotillo, formada na nosa canteira) 

O equipo senior mixto selou un meritorio quinto posto, que sabe a pouco, porque a pesar da igualdade entre varios clubs, matices durantes os encontros nos alonxaron dunha mellor posición final, tendo un equipo con boas opcións.

Empezabamos o noso periplo contra os sempre hipercompetitivos JC Coruña, cun marcador moi enganoso 1-5, xa que moitos dos combates se decidiron in extremis, incluíndo o de -85kg, onde iamos gañando por wazari (quen ben podía ser ippon) e yuko (que ben podía ser wazari) ante un judoka que estivo sempre a remolque e encontrouse cun regalo en judo chan a borde de tatami que foi quen de aproveitar e acabou en inmovilización en contra nosa. Todos os combates estiveron moi disputados, pero non quedamos contentos con certas situacións dalgún encontro. 

Repesca vs JC Base, con boas victorias en +85, -85, -66 e +60. En -60kg algunhas situacións non xogaron a favor nosa, sobre todo a acción que deu a victoria á rival, un ataque agarrando perna que, considerando que pode ser judo chan, non é sancionado, pero sen embargo recibe o premio dun yuko (!) A verdade é que a falta de cámara de apoio aos combates non axudou nada, e a tensión dos encontros menos, pero os matices importan e moito.  En calquera caso, temos que ser capaces de resolver antes. Victoria por 4-2 ante o Base, que nos levaba ao encontro vs Campolongo, con victoria por 6-0 con bos combates en xeral de tod@s @s nos@s.

No encontro polo bronce vs o Fibra, moi igualado todo, pero no combate clave de 75, que podía supoñer a remontada ou a derrota matematicamente, fomos inesperadamente derrotados. O balance foi de 2-4. 

En liñas xerais, boa actuación, ficando moi contentos c@s judokas fichad@s, moi implicad@s; @s da casa estivemos algo irregulares, con Giga pagando o prezo dunha longa pausa sen competir, Claudia non estando fina e tendo mala sorte en certas situacións, e Mateo nunha clara mellora.

Xa de volta en Santiago, vari@s do equipo fomos cear xuntos para relaxarnos e pasar un tempo xunt@s :) e con gañas da seguinte xornada no mes de xaneiro!

O equipo senior + Dani (s18) + Liam (s15)






sábado, 6 de diciembre de 2025

13 DECEMBRO: LIGA SERPE XORNADA 1, GUNTÍN (S13 e S15)

 

Alevín: nados en 2015 e 2014

Infantil: nados en 2013 e 2012

Pavillón Municipal de Guntín

Lugar Guntin, 37, 27211 Guntín, Lugo

09:00: Apertura pavillón

09:30 - 10:00: Pesaxe (Cadete e) Infantil

10:15: Competición das categorías (Cadete e) Infantil

12:00 - 12:30: Pesaxe Alevín

12:30: Competición categoría Alevín

En todas as categorías poderán usar judogui de judo azul ou branco a elección d@ deportista.

Serán agrupados para competir por cintos e peso real, non por categoría "oficial" de peso. Pero ten que coincidir o peso que puxeron ao apuntarse ese día na competición. 

DOCUMENTACIÓN: DNI e autorización menores de idade








viernes, 28 de noviembre de 2025

07 DECEMBRO LIGA RÍAS ALTAS: S15, S18 e EQUIPO SENIOR

IMPORTANTE: HORARIOS PROVISIONAIS

IRAMOS ACTUALIZANDO ASÍ QUE A ORGANIZACIÓN NOS INFORME DOS POSIBLES CAMBIOS DE HORARIOS

s15 Infantil 2012-2013

M: -38, -42, -46, -50, -55, -60, -66, +66

F: -36, -40, -44, -48, -52, -57, -63, +63

s18 Cadete 2009-2010-2011

M: -50, -55, -60, -66, -73, -81, -90, +90

F: -40, -44, -48, -52, -57, -63, -70, +70

Senior por equipos:

M: -66, -75, -85, +85 F: -60, +60