domingo, 4 de octubre de 2026

SUPERCOPA ESPAÑA CANTABRIA S15 e S18: Nahuel 5º

Primeira copa de España de nova tempada e un gran resultado de Nahuel Martarelli, quen lograba o quinto posto en -38kg s15 tras 6 combates. Tras dúas victorias, ante Vicente de Madrid e Palacios de Murcia, cedía en 1/4 final ante o gañador do peso Lizana de Castela-León nun combate que levabamos moi ben, pero un wazari en contra no que Nahuel se mancou a man condicinou o resultado. Na repesca, ganamos a García de Asturias e Alonso de Castela-León. O bronce un pouco como en cuartos, levando a iniciativa, pero usando de mais certas accións e nun desprazamento se nos colan abaixo e derrota ante Aragonés de Madrid. Polo tanto, seis combates de calidade, puntos para os ránkings nacional e galego. Cousas que corrixir, pero moitas cousas ben feitas no torneo.

Dous judokas mais do club formaban parte da expedición do NuGa: Liam Otero, -55kg s18, desdebuxado esta fin de semana, e Simón González -42kg s15, levando a iniciativa, pero un error técnico recurrente, perfecto en primeira ronda sen opción de repesca. Diso tamén de tratan estas copas, aprender dos erros.

Noraboa aos tres!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario