domingo, 24 de marzo de 2019

RESULTADOS DO GALEGO E LIGA NACIONAL


Deixamos atrás un novo sábado de judo - 23 de marzo - esta vez coa liga nacional e o campionato de Galicia s-15 e s-18. En liñas xerais, estamos satisfeitos do mostrado polos nosos judokas.
 

Na liga nacional, celebrada en Madrid,  competía Montserrat Pardo, co JC Sotillo e lograba para o seu equipo na segunda división dúas victorias, que nos sirven para seguir preparando o Campionato de España Universitario. 

O Campionato de Galicia s-15 e s-18 voltaba, tras moitos anos dividido en fase provincial e fase final, ao seu formato de xornada única para todas as provincias, cunha participación numerosa que facía deste campionato unha empresa complicada. Por iso, consideramos a participación dos nosos s-15 como moi boa e dos nosos s-18 regular.  

Os resultados globais dos nosos foron: 
1 prata (Tomás Vázquez)
2 bronces (Marco Mota e Raquel Matalobos)
2 quintos (Iago Iglesias e Claudia López)
2 novenos (Iago Vázquez e Rocío del Moral) 

Comenzaremos cos infantis na categoría de -38 kg, onde saiamos con 2 judokas. Javi Veloso perdía en primeira ronda, na repesca gañaba un combate, para logo perder no seguinte. Mellores sensacións e bo traballo de Javi. Polo outro lado do sorteo empezabamos con mal pe con Marco Mota. Nun combate frente o tamén santiagués Santamaria, sempre dominado por nós nos agarres ante un judoka que nos esperaba, nos complicamos en accións de risco seguidas, nas que marcamos e nos marcan ippon...A falta de paciencia tornouse no contrario e Marco na repesca foi avanzando, tras gañar de perna a Otero do Vilas, Blanco do Arteixo en acción de hombros, aínda outro combate mais e finalmente a loita polo bronce in extremis inmmovilizando. Danos algo de mágoa, xa que, vista a boa tempada e o campionato, así como o traballo diario, pensabamos que podía estar aínda mais arriba, pero temos que felicitar a Marco por este gran resultado. 


Outro peso concurrido e de gran nivel foi o de -42 kg, onde saimos co Tomás Vázquez, co firme obxectivo do ouro, en función dunha tempada con bos resultados en copas de España. Non foi doado o primeiro combate ante Freire de Bazán, a quen dominabamos no agarre, e so conseguiamos marcar moi ao final. En cuartos, victoria traballada por 2 wazari, para meternos en semis ante Martínez do Liceo, a quen Tomás derrota. Na final, un compañeiro de moitos entrenos, Samu Tato do JC Base, quen fixo un gran traballo e nós pecamos de ser demasiados cautelosos... Deixounos algo baixos esta prata, que é, en realidade, un gran resultado de Tomás. Esperamos que, dado o seu posto no ranking nacional, desde a federación poidan levalo ao Campionato de España. 


En -50 kg saian ao tatami Iago Iglesias e Mario Vilaseco. Mario facía 2 combates, quedando fóra da competición no segundo. Unha mágoa, pensamos que merecía estar mais arriba na competición. Iago, pola súa banda, fixo un gran torneo. Tras 3 victorias ante Pérez do Compostela, López do GSU e o seu rival coruñes, froito dun gran traballo de agarres, tocabanos en semis ante o lucense Montero, judoka xa clasificado para o Campionato de España ao estar entre os 3 primeiros do ranking nacional. Moi bo combate de Iago, quen comeza marcando, pero nos remontan e perdemos. No bronce ante Otero de Galicia Sur, empezamos marcando. Un gran kosoto non é considerado wazari e logo una acción estrana na que caen os 2 ao mesmo tempo é valorada comom ippon ao rival.... Quedamos co mel nos labios nunha gran competición por parte de Iago. 

Alex Castro en -60kg non mostraba o seu nivel, certo é que condicionado por estar enfermo nos días previos. Perdiamos en primeira ronda ante Pérez e na repesca perdemos igualmente. Xacobo en +66 kg perdía na ronda previa frente a Súarez do Arteixo nun combate moi intenso e con moi boa actitude, por desgracia quedabamos fóra da repesca. 

En +63kg Raquel estivo mellor que no último campionato e derrotaba en primeira a Doforno do Ourense, perdía en semis ante a santiaguesa Riveiro. Nun combate igualado nos desequilibramos quedando expostos no chan, o que aproveita a rival. No bronce, victoria ante outra compostelana, Quintela. Esto ten que ser so  o principio para Raquel. Claudia, pola súa banda, realizaba en -40kg unha moi boa competición, logrando unha victoria na previa ante Vázquez do Arteixo por hansokumake da rival. En cuartos, Claudia se impón nun moi duro combate ante Mesía do Karbo, tras ir empatadas a wazari e lograr outro mais ao final. En semis, a judoka Mesa do Liceo aproveita un mal desplazamento para marcar ippon. No bronce, derrota sen opcións ante Lamas do Baixo Miño. Ficamos moi contentos coa competición de Claudia. 



Pola súa banda, os cadetes non estiveron finos. Rocío perdía ante Perpetuo do Axiña de seoi, onde non tivemos moitas opcións. Na repesca derrota ante Rodríguez do Shiai. No hiperconcurrido peso de -66kg, David Alvarez gañaba nun combate atascado, na que mesmo nos marcaban primeiro, ante Tenrero do Parque Sport. Saimos en segunda marcha ante o judoka foráneo con licencia galega Menéndez, o cal se paga caro... e nos marchamos sen repesca... David xa demostrou en moitas ocasións que el pode e "debe" estar mais arriba nestas lides. Iago Vázquez facía, en xeral, un bo torneo. Victoria ante Castro de Oleiros, tras empezar perdendo por wazari, empatar in extremis e marcar na golden score. Bo combate, a pesar da derrota ante Quintanilla, madrileño este ano con licencia galega. Ante Quinza do UDC nos faltou convicción e sucubimos ao final.

¡Noraboa e a seguir traballando!


No hay comentarios:

Publicar un comentario