sábado, 27 de enero de 2024

MATEO BRONCE EN COPA JUNIOR MADRID. CLAUDIA VILASECO OURO E HUGO PRATA EN OLEIROS S18 / S15

Outra fin de semana chea de eventos do club, en Madrid con 3 junios e dous cadetes na Copa Junior, e na Liga de Oleiros con dous cadetes e cinco infantís.

COPA DE ESPAÑA JUNIOR EN MADRID

Tiñamos cinco judokas participando na Copa de España Junior de Madrid en Colmenar Viejo. Distintos obxectivos, pero un en común: ir sen presión a facer combates antes do Campionato de Galicia Junior. Aparte disto, buscabamos ir preparando a algúns cadetes para a transición á categoría junior por peso ou por idade e, ademais, tratabamos de sacar algún puntiño para sumar no ranking galego para os que están arriba no mesmo. 

Mateo Bello en -100kg fixo unha boa competición, dentro do que podiamos esperar, sabendo que falamos dun cadete de segundo ano. Polo tanto, gran resultado, logrados os obxectivos de puntuar, seguir coa adaptación a competir en +90kg en s18 e en -100kg en junior, e acumular combates e máis combates de calidade. En cuartos victoria de ippon rápido ante o asturiano Muniz, para logo sucumbir en semis ante o madrileño Carrero. No bronce victoria de Mateo ante o tamén asturiano Sánchez Palicio. 


Os demáis non tiveron en liñas xerais a actuación esperable. Javi perde en primeira en -60kg, Tomás tamén en -66kg, Mario en -73kg, todos eles sen opción de repesca en pesos saturados con 45 ata 62 judokas por categoría. Claudia Martinez libra en 1ª como cabeza de serie en -52kg, fai un bo combate ante Coviella de Asturias, pero caemos e logo cometemos un erro en chan na repesca que nos deixa fóra. Claudia é cadete aínda, pero está o suficientemente arriba no ranking galego e ten a calidade tamén suficiente como para que fose viable tela máis arriba hoxe. Pero diso trataba hoxe tamén: seguir pulindo cousas, cos obxectivos da tempada claros. 


LIGA DE OLEIROS S15 E S18

Tiñamos 5 s15 e 2 s18 en Oleiros hoxe, coa intención de seguir para algúns coa boa racha tras a xornada de Liga Rías Altas e para ir preparándonos para obxectivos máis altos nalgún caso. En xeral os sub15 estiveron por debaixo do esperado, con erros derivados de despistes nalgunha ocasión. Temos que subir a intensidade nos adestramentos e así correxir aí onde pensamos que fallamos. Gabi, Jesús, Pablo e Guille perdían en primeira ronda e tamén na repesca. 

Pola súa banda, Claudia Vilaseco volvía a obter o ouro, tratando de probar cousas e pensando en obxectivos máis altos. A seguir así. 

Os dous s18, ambos en -81kg, tiveron unha boa competición. Medalla de bronce para Hugo Viqueira, quen segue sumando bos resultados e boa actuación sen premio de medalla para Mario Fernández. O sorteo levou a Hugo a enfretarse en primeira ao asturiano do Sanfer, Martin Quiroga, con quen facemos un bo combate, pero a pesar da táctica de aforrar ataques innecesarios, entramos sen convicción e nos contran por wazari. Nos últimos segundos do final e con Hugo metendo presión ao rival, caen ao chan e Hugo aproveita a ocasión para estrangular. Ante Villabrille do JC Avilés non tivemos moita opción, quedamos detrás del e nos proxecta de makikomi. No bronce ippon de cadeira ante Silva do Escola. En xeral, vimos boas cousas, melloras nos agarres, boas defensas e desplazamentos; faltanos seguir máis as estratexias marcadas para evitar riscos innecesarios. O traballo nos adestramentos vaise notando cada vez máis e iso sempre é bo.



Mario, pola súa banda, na súa segunda competición tras un moi longo parón, fíxoo ben, bo seguimento da táctica marcada, bos agarres, faltounos un pouco de chispa no primeiro combate, que se resolveu contra o rival do JC Hércules ao final. Na repesca, ippon algo máis rápido. Ficamos moi contentos da súa actitude, da súa actuación e a seguir traballando nos adestramentos. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario