domingo, 21 de enero de 2024

MOI BOA XORNADA NA LIGA RIAS ALTAS EN ARTEIXO

 

Onte sábado 20 de xaneiro viviamos unha xornada longa, intensa e moi produtiva con 28 judokas do club participando la Liga Rías Altas en Arteixo, desde s11 ata o equipo senior.

SUB11 e SUB13

3º Pablo Sardiña -38kg e Hugo Martínez -34kg

5º Martín Tuñas -42kg e 7º Gonzalo Filloy -30kg

Tamén participaron Ubaldo López e Martín López

Moi boa actuación de todos, con boa actitude e judo de ataque. Temos que destacar a cantidade de combates realizados, mínimo 2 por judoka, chegando aos 6 de Gonzalo e Hugo e os 4 de Martín e Pablo, dada a numerosa participación en sistema de eliminación con repesca. 

Os nosos s13 Ubaldo e Martín quentando

Hugo bronce en -34kg

Pablo bronce en -38 kg

O equipo sub11


SUB15 e SUB18

1º Claudia Vilaseco +66kg s15 e Mato Bello +90kg s18

2º Hugo Viqueira -81kg s18

3º David Pérez +66kg s15

5º Gabriel Landín -42kg s15 e Guille Rico -60kg s15

7º Jesús López -46kg s15

Participaron Lucas García e Mario Fernández. 

Ficamos tamén contentos con ambas categorías pola actitude e o feito de que todos eles puideron acumular varios combates. Claudia Vilaseco segue coa súa racha de victorias en +66, mostrando melloras técnico-tácticas que nos din que vai polo bo camiño cara a obxectivos máis altos. Mateo en +90 s18 estivo algo atascado no primeiro combate, pero foi quen de resolver. 

David Pérez en +66 kg fixo unha gran competición no seu estreo tras tempo sen competir, con varios combates dominando agarres e tecnicamente mostrando un bo nivel. Unha mágoa non colarse na final. Tiñamos máis debutantes despois de longas pausas sen competir, o que loxicamente se nota, pero todos eles estiveron na loita polas medallas tras varios combates en sistema de eliminación con repesca. Gabi e Guille quedaron ás portas da medalla; pecaron de inexperiencia nalgún momento, pero tamén é certo que saíron a tratar de gañar e lograron victorias ben traballadas. Jesús en -46 kg fixo varios combates, empezou gañando de wazari, para logo perder, entrar en repesca e tras varios combates quedou fóra da loita polo bronce. Notouse unha certa melloría. 

Debutaban en s-18 Lucas e Mario, dos que quedamos moi contentos, xa que saíron sen presión a facelo o mellor posible. Lucas en -66kg tiña un difícil combate en 1ª ronda, que o mandou á repesca, donde tivo máis oportunidades, pero caeu. En -81kg a competición foi unha liga de 5, co cal fixeron 4 combates tanto o debutante Mario, quen mesmo estivo a piques de gañar nun dos seus combates e deuno todo en cada un dos combates. 

Claudia ouro en +66kg s15

Hugo prata en -81kg s18

David bronce en +66kg s15


LIGA SENIOR MIXTA

Primeira xornada da liga senior cun sistema de 9 equipos, quen fan 4 combates por xornada e na terceira das mesmas disputarán o play-off polo título e polos postos do 5 ao 9.

O noso obxectivo era claro: dar saída aos nosos judokas veteráns (Mano e Nero), mover a judokas que levaban tempo sen competir por facer unha pausa ou por problemas físicos, fomentar o espírito de equipo, dar combates a cadetes e juniors que aspiran a estar arriba na súa categoría nos eventos importantes do ano, ofrecer a oportunidade de facer combates a seniors.... Por número de judokas ben puidemos facer 2 equipos, o cal é un orgullo, vista a dificultade no judo de montar equipos senior nos últimos tempos, pero preferimos quedar cun só equipo e mover a tod@s @s judokas. 

Polo tanto, quedamos contentos co mostrado e co ambiente do equipo. Certo é que é unha mágoa os dous encontros que tivemos aí a piques de gañar ou empatar e acabamos perdendo. Logo decidimos non pensar no resultado nos dous encontros seguintes contra rivais que están entre os favoritos para gañar a liga. 

Mano Pereira, Mario Vilaseco, Tomás Vázquez, Mateo Bello, Iago Iglesias, David Alvarez e (abaixo) Rocío del Moral, Claudia Martínez, Nero Rodríguez, Javi Veloso e a fichaxe Maika Sandino (Oleiros).

Derrota por 4-2 ante Cambre, con victorias de Tomás en -66, Maika en +60 e derrotas de Mario, Iago, David e Claudia, chegando ao último combate con 3-2 en contra; unha victoria por wazari posibilitaba o empate e unha por ippon a victoria. Tocáballe resolver a Claudia Martínez, saíndo en -60 kg, quen fixo un gran combate a nivel táctico e de agarres, que dominamos, pero os nosos ataques non tiñan o control necesario e ao final sucumbimos. 

Derrota ante Ferrolterra tamén por 4-2 nun esquema similar. Derrotas de Nero, Mario, David e Tomás; victorias de Claudia e Maika. Tamén aquí chegabamos igualados e decidía o combate de -66 de Tomás, quen acabou perdendo. 

Ante o Coruña B derrota por 5-1. Derrotas de Iago, deixamos baleiro -85, Mateo, Javi e Claudia, victoria de Rocío.

Derrota por 6-0 ante Arteixo. Saíron Mano, Nero, Rocío, David, Tomás e Claudia. O rival presentaba un equipo moi potente que daba pouca opción á sorpresa. 

Os nosos veteráns Mano e Nero fixeron con moita actitude e quedamos moi contentos das súas ganas por formar parte disto. Mano tamén estivo de adestrador durante a categoría s-15 e s18. Tamén unha alegría a volta ás competicións de Rocío e de Tomás, este último tras meses con problemas físicos, con vistas ao galego junior. Noraboa @s nos@s 2 cadetes Mateo e Claudia. Mateo fixo un gran combate vs o múltiple campión de España, Alex Sanmartín e Claudia mostrou un bo nivel de agarrres e ritmo. Tamén contribuíron os nosos juniors Iago, de volta tamén tras un tempo sen competir, Javi e Mario, quen tamén axudou na silla durante os combates dos infantís e cadetes. David de -90 kg saiu en +85 e fixo unha boa competición, en combates moi duros contra judokas de moito nivel ou de máis peso, loitando pola victoria en todo momento. Moi ben Maika do JC Oleiros, con dúas victorias moi ben traballadas tanto técnica como tacticamente. 

Xa con ganas da segunda xornada o 2 de marzo, pero o primeiro antes, a próxima fin de semana, a Liga de Oleiros s15 e s18, onde imos con 8 judokas s15 e s18, e a Copa de España junior en Madrid, onde imos con 4 juniors e 2 s18. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario