lunes, 12 de febrero de 2024

1 BRONCE e 2 QUINTOS NO GALEGO JUNIOR e GRAN ACTUACIÓN DOS PEQUENOS NO TORNEO DA ESTRADA

Novamente estivemos presentes en varios torneos durante esta fin de semana: o sábado 10 no Campionato de Galicia Junior na Estrada e o domingo 11 no Torneo Infantil Concello da Estrada. 

O que mal empeza, adoita acabar mal e así foi no Campionato de Galicia Junior. Quedaba na casa Tomás Vázquez por rotura do dedo gordo, o que deixaba a expedición en 6 judokas, 2 deles cadetes. Estes últimos eran os que viñan con maiores expectativas, xa que se atopaban bastante arriba no ranking galego junior. Un bronce e 2 quintos é a colleita deste campionato. 

En -52kg estaban a 4 primeiras do ranking galego, tamén presentes no ranking nacional, unha das cales era a nosa judoka Claudia Martínez, quen acabou 3ª. En xeral boa actuación de Claudia ante as judokas de Castela con licenza galega, Villahoz e Gaitero, ambas con experiencia internacional, e ante Naira Blanco. Neste campionato tratabamos de subir algo no difícil ranking da categoría e seguir sumando combates contra judokas de nivel e máis experiencia ca nós. 

A categoría -60 kg masculina estaba plagada de judokas de nivel nacional. Javi Veloso perde en primeira ante un Lestón do JC Coruña ante o que nos faltou convencemento, e quedamos sen repesca. Iago Iglesias perde en primeira e queda sen repesca en -66 kg. Mario Vilaseco vomita xusto antes de comenzar o seu primeiro combate en -73kg, que non era senón a repetición da final do campionato de Galicia cadete -66 kg do ano anterior ante o madrileño con licenza galega Budia. Perdemos e quedamos sen repesca. En -100 kg Mateo Bello, 3º do ranking galego e 9º do nacional, tiña todo para chegar a final, pero non vimos centrados e realizamos un moi pobre campionato, quedando nun 5º posto moi lonxe do que se podía esperar del. Rocío del Moral en -70 kg fixo un bo campionato. Faltounos pouco para estar máis arriba que o 5º posto, pero ficamos contentos coa súa actitude e judo tras unha pausa sen competir. 

TORNEO INFANTIL DA ESTRADA 

Case 50 judokas do club estiveron o domingo desde os máis cativos ata s13, dirixidos polos sensei Nico e Mano e axudados por Javi Veloso e Tomás Vázquez, e logo pola tarde por Hugo Viqueira. Grandes resultados, moi boa xornada d@s nos@s. Noraboa!















No hay comentarios:

Publicar un comentario