domingo, 4 de febrero de 2024

MOI BOS RESULTADOS NA LIGA DE OLEIROS S11 E S13 POR EQUIPOS

Onte sábado 03 de febreiro saían ao tatami 3 equipos do noso club nun clásico do calendario galego en categorías inferiores, a Liga de Oleiros. Lembremos que nas categorías s11 e s13 son 3 xornadas, nas cales os equipos compiten nunha fase de grupos, logo nunha liga A e liga B, ata que na xornada final se deciden os postos finais na liga. 

Nesta primeira xornada, polo tanto, era importante tratar de clasificarse para a Liga A, tarefa nada doada vistos os emparellamentos. Os nosos equipos foron dirixidos polo sensei Nico e polo noso judoka junior Javi Veloso, quen se apunta a todas as batallas. 

En s13 presentabamos un único equipo, que se clasificou para a liga A brillantemente tras derrotar por 2-0 a Avilés B, 2-1 a Becerreá Lugokan, perder 1-3 frente a Base e gañar 3-1 a Oleiros A. 

En s11 saiamos con dous equipos. O equipo Terras B entraba primeiro e quedamos moi contentos coa súa actuación, con victorias por 5-0 vs Becerreá e Base 3-1, derrota vs Avilés B 2-3  e empate con TSR Coruña 1-1, resultado este último que decidía o noso posto, ficando 3º no grupo. 

O noso segundo equipo conseguiu o pleno de victorias por 5-0 a Oleiros A, 2-0 ante JC Coruña, 5-0 vs Nadela Lugokan e 5-0 vs Miniwinis Lucus Dojo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario