domingo, 3 de marzo de 2024

BO PAPEL NAS LIGAS DE OLEIROS E FENE

Tiñamos dúas portas abertas esta fin de semana, e ben puido haber unha terceira, máis decidimos non ir á Supercopa s18 de Alicante.  Polo tanto, ficamos en Galicia con judokas desde s11 ata seniors, tanto en individual, como por equipos, modalidade esta que sempre é emocionante e intensa. 

LIGA DE OLEIROS: 

Moi boa actuación e sobre todo actitude d@s nos@s judokas nunha liga con cada vez máis equipos vidos de toda Galicia e Asturias. 

O equipo sub13 viña coa intención de tratar de estar o máis arriba posible no seu grupo da liga A, pero tiñámolo difícil e perdimos os nosos encontros vs Oleiros C, Lugokan Azul, Escola S Francisco, Coruña e Hércules. Na última xornada pelexaremos polos postos entre o 6º e o 12ª dunha liga de case 30 equipos. O equipo formado por: Ubaldo, Nahuel, Miguel, Liam, Simón, Martiño, Martín, Gabi, Marta e André. De capitáns viñan o sensei Mano e o sempre presente Javi Veloso.

En sub11 tiñamos un equipo na liga A e outro na liga B. 

O equipo da liga A tivo unha gran actuación, logrando 4 victorias e 1 derrota, co cal clasificouse para o play off polo título final de toda a liga de 25 equipos.Victorias por 4-0 ante Lugokan Azul, Shiai 2-2 (+ puntos), Lugokan Blanco 4-1 e Avilés B 3-1. Derrota ante Labaca por 2-3. O noso equipo hoxe: Diego, Gonzalo, Matías, Hugo, Héctor, Pablo, Martín. 

O equipo B, quen participaba na liga B, estará a próxima xornada loitando polos postos de arriba da liga B, grazas o seu bo rendimento de hoxe. Victorias ante Nadela 2-0, Hércules 3-1 e derrota ante Sal Lence 1-2. O noso equipo hoxe: Martín, Pablo, Caitán, Valentina, Thiago, Enzo, Hugo, Filipe e Manuel. Javi Veloso continou co seu traballo de apoio aos senseis Mano e Manuel. 



LIGA RÍAS ALTAS EN FENE

Dado que tiñamos @ s11 e s13 en Oleiros, viñemos a Fene neste 4ª xornada cos s15 e s18 e mais co equipo senior. Moi a primeira hora da mañá empezabamos coa competición individual s15 e s18 e despois marchabamos ata Oleiros para volver a Fene ao final da tarde para os seniors. 

Competición individual s15 e s18

En liñas xerais estivemos a un nivel ben a secas no que se refiere ao noso judo, pero hai que facer moitos matices. Seguemos a notar a falta de ritmo e mentalidade nas competicións en varios casos, despois temos a judokas como Lucas que empezou a competir este ano, aínda por enriba na moi difícil categoría de -66kg... Nese sentido, hai que destacar o esforzo d@s nos@s judokas. Moi por debaixo do seu nivel Claudia Vilaseco; temos que seguir a traballar certos puntos dunha judoka que ata o de agora viña de gañar en todas as competicións nas que tomou parte. Hugo Viqueira segue a mellorar, pero temos que ter máis sangue frío. Mateo Bello viña coa intención de tomar distancia do seu nivel de Copas de España e de Europa e probar cousas, que saíron dentro do plan. 

Os nosos resultados: 

1 ouro: Mateo Bello s18 +81kg

2 bronces: Hugo Viqueira s18 +81kg e Claudia Vilaseco +63kg s15

3 quintos: Gabi Landín s15 -42kg, Dani González s15 -46kg, David Pérez s15 +66kg

7º Lucas García -66kg s18.



Competición por equipos senior: 

Tras un día de ver aos equipos s11 e s13, pasando pola competición individual s15 e 18, é un pracer ver un equipo senior, froito de pasar por todas esas fases antes de chegaren á idade e ao nivel senior. Coma sempre traiamos distintos obxectivos, tendo en conta o heteréxeneo do noso equipo, desde tres s18, juniors, seniors ata veteráns. A primeira xornada, na que perdimos dous encontros in extremis, condicionaba moito esta segunda xornada. Tiñamos un equipo moi competitivo, pero faltounos algo de fortuna nalgún combate que non sacamos a diante nos últimos segundos. Hoxe tivemos a Claudia, Rocío, Maika Sandino do JC Oleiros, Montse Pardo do JC Sotillo de Madrid (saída da nosa canteira), Javi, Iago, Samu Tato do JC Base, Mano, Mario, Diego Couto do JC Base, Alex, Mateo e David. 

Ante o Coruña A puidemos ter unha mellor actuación; o resultado cremos que non reflicte a igualdade do encontro, mesmo se eles partían como favoritos. Derrota por 1-5, con victoria de Samu. Saíron Alex, Maika, David, Samu, Claudia e Diego. 

Ante o Compostela, victoria por 4-2 con victorias de Montse, David, Samu e Claudia. Saíron tamén Alex e Diego. Fronte ao Shai, unha mágoa: derrota por 2-3 onde o tivemos un inesperado e estimamos non merecido empate de Montse ante a medallista nacional Carla Mosquera, pero non lle podemos pedir máis a Montse, quen o deu todo a pesar de competir enferma. Victorias de Samu e Diego. Saíron tamén Alex, Mateo e Claudia. Finalmente, victoria por 5-1 ante Lucus con victorias de Diego, Rocío, David, Claudia e Samu. Unha mágoa Iago, nun combate que levaba ben, dominando, e unha acción complexa deulle un wazari ao rival. 

Na seguinte e última xornada pelexaremos polos postos entre o 5º e o 9º. Esperamos seguir con este gran ambiente de equipo e estar o máis arriba posible. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario