miércoles, 20 de marzo de 2024

COPA DE ESPAÑA E XOGADE

Esta fin de semana pasada do 16 e 17 de marzo concentraba a aprox 60 judokas do club en 2 eventos: 

A Copa de España A s15 e o Xogade ata s15.

Ambos eventos tiñan lugar no pavillón de Sta Isabel en Santiago. O primeiro día tiñamos a 2 judokas no tatami na Copa de España. Co sistema actual de liga previa para poder clasificarse para as eliminatorias, quedaba David Alvarez +66kg emparellado co portugués Mesquita, judoka moi alto, a quen sen embargo puidemos proxectar e un erro noso nunha entrada innecesaria acabou ao final do combate nunha inmovilización do rival. Un esquema similar ante o rival canario. Bo combate pero faltounos ese ritmo de competición dun certo  nivel. En xeral, boa competición de todos modos para David.

En +63 kg saía Claudia Vilaseco, quen se enfrentaba vs a unha rival galega ben coñecida por nós e repetiase o esquema da última vez. Dominamos agarres, shidos para a rival, e cando todo parece resolto, tórcese todo. Nesta ocasión cremos que a outra contrincante tivo que ser sancionada ata hansoku make por pisar fóra cos 2 pes e tirarse ata en 5 ocasións de xeonllos sen provocar ningún desplazamento en Claudia. Recibimos 2 shidos exprés no borde do tatami e logo na golden score, perdemos a concentración e nos cae un shido. No seguinte combate contra a aragonesa, a posteriori prata do evento, non sabemos contrarrestar os agarres e nos proxectan. Contra a asturiana deixamos que nos dominen arriba e nos caen 3 shidos. Temos que traballar a paciencia. 

Pola súa banda, unha morea de judokas do club participaba nas ligas do Xogade sen gañadores nin perdedores en varias categorías, onde a finalidade era pasalo ben nun ambiente de judo. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario