domingo, 24 de marzo de 2024

RESULTADOS ULTIMA XORNADA LIGA RÍAS ALTAS, SANTIAGO

O pavillón de Santa Isabel volveu a ser o escenario de varios eventos noutra fin de semana activa, coa quinta e última xornada da Liga Rías altas, á que trouxemos desta vez @s s15 e s18, así como o equipo senior. 

Pola mañá, nove judokas no tatami santiagués, con obxectivos moi variados, uns preparándose para o campionato galego, outros para ir acostumándose ás competicións, e Mateo, quen afeito máis a Copas de España, e mesmo despois de estar recentemente nunha copa de Europa, queriamos que fixese de novo pola mañá cos s18 e pola tarde co equipo senior, para afinar cousas nun nivel diferente. Nesta liga hai todo tipo de  perfiles de judoka, co cal tod@s @s nos@s judokas teñen cabida nela. 

🏆 Resultados s15-s18:

1 ouro. Mateo Bello s18 +81kg 

4 bronces: Hugo Viqueira e Mario Fernández -81kg s18, Claudia Vilaseco +63kg s15 e Gabi Landín -42kg s15.

1 quinto: David Pérez +66kg s15

Tamén participaban: Guille Rico -60kg s15, Lucas Garcías -66kg s18 e Pablo Sanmartín -60kg s15.

En canto á análise máis detallada, os s15 tiveron unha actuación máis ou menos dentro do esperado, na que nos costa nalgúns casos esa volta á competición despois dunha temporada sen competir ou por ser o seu primeiro ano s15. Logo os que están competindo máis habitualmente fixeron moitos combates, que ó importante, con David facendo varios e mostrando un bo nivel. Mágoa non lograr o bronce, pero mostrou un bo nivel técnico e imos limando cousiñas. Claudia estivo na onda dos últimos tempos, é dicir, mestura de moi boas cousas con todo o contrario. Se logramos o equilibrio de ambas, estaremos máis arriba. 

Os s18 en xeral moi ben. Os debutantes deste ano con moita ilusión e aprendendo en cada saída que facemos: Lucas na numerosa categoría de -66kg e Mario tras facer 4 combates. Hugo en -81kg mostra un bo nivel, pero temos que traballar máis no tempo do combate e Mateo, o comentado, soltarnos e acumular combates. 


🏆 LIGA SENIOR:

Nesta xornada participabamos no chamado play off de consolación, tras non lograr meternos no play off polo título final. Tivemos baixas, algunha xa programada, outra  de última hora xustificada e outra e importante sen xustificar. Grazas á profundidade do noso cadro de judokas tiñamos aínda así claras opcións de meternos na final de consolación.

Ante Ferrolterra victorias de Claudia -60, David -85 e Mateo +85. Fixeron tamén Diego, Rocío e Javi. Co cal produciase un empate 3-3, pero por puntos 23-30. Houbo dous momentos claves do encontro: un xogou ao noso favor, outro na nosa contra. A victoria por ippon era fundamental e David, quen gañaba de wazari, logrouna ao final do combate; o rival de Mateo, foi quen de perder por 2 shidos e con iso a nosa victoria "só" foi de 3 puntos. Diego do JC Base mancouse unha man, esperemos que non pase do susto. En todo caso, tod@s deron o máximo e sabiamos da igualdade de ambos equipos.

Ante o Compostela a cuestión era a mesma: "nunha investigación os detalles importan"  É dicir: gañar polo máximo, perder polo mínimo e xogar ata cos empates. Aquí faltounos un puntiño. Victorias de Claudia, Rocío e David. Fixeron Mario, Alex e Javi. Marcador de 3-3 (30-30), o que levaba a sortear un peso e ese decidía en golden score todo o encontro. Saiu o -66kg e a victoria foi para o equipo rival, quen tiña a un competidor moi experimentado e fixo bo uso diso. 

Xa sabiamos a priori que podiamos entrar na final de consolación como acabar como acabou, pero queremos volver a destacar das tres xornadas da liga senior a heteroxeneade do grupo, a implicación de tod@s, incluid@s @s fichaxes, a profundidade do noso cadro de judokas, o feito de que cinco das nosas derrotas en toda a liga foron pola mínima, co cal estamos realmente moi content@s e orgullos@s do noso equipo.

David, Claudia, Javi, Mano, Manuel (sensei), Alex, Mateo, Tomás, Mario, Diego e Rocío



No hay comentarios:

Publicar un comentario