miércoles, 10 de abril de 2024

CAMPIONATO GALICIA S15 E S18: 1 PRATA, 2 BRONCES E 2 7º

O sábado 6 tiñamos unha das citas importantes do ano no Galego s15 e s18. Iamos con 6 judokas con obxectivos claros dados os ranking e cptos ata a data: estar arriba en varios pesos. Quedamos moderadamente satisfeitos da actuación d@s nos@s judokas, cuxos resultados foron:

Prata: Mateo Bello +90kg s18

Bronces: Hugo Viqueira +81kg s18 e Claudia Vilaseco +63kg s15



7º posto: David Pérez +66kg s15 e Gabi Landín -42kg s15

9º: Claudia Martínez -52kg s18

Empezando c@s s18 tivemos un pouco de todo. Tiñamos 2 cabezas de serie número 1 no seu peso: Mateo e Claudia. Mateo en +90 kg deixounos un déjà vu: chegamos a final tras unha bonita proxección de tsuri goshi, para logo na final ante Noe González levar ben o combate e nunha acción embarullada, cóllennos arriba, ficamos atrás e nun makikomi a priori defendible, nós non damos resposta e nos marcan ippon. Unha mágoa repetir erros logo dunha tempada moi boa en xeral, pero con días como este sábado. Fica primeiro no ranking galego e con isto xa está clasificado para o nacional, mais non podemos permitirnos erros así. Claudia en -52 ía como favorita, pero non tivo o seu día, fisicamente non estivemos ben e iso levou a que non foramos quen de mentalmente sacar isto adiante e quedou sen medalla. Unha gran judoka, mais ás veces pasan estas cousas... Hugo en 81 kg fixo un gran campionato. Temos que controlar un pouco máis certos temas, pero marcou 2 ippons in extremis, remontando combates mesmo en golden score, como o bronce e só cedeu nos seus 4 combates en semis ante Freire, ex campión de España.

Os infantís viñan cunhas expectativas algo menores, pero saímos durmidos e David en +66 kg quedou fora da loita do bronce tras perder un combate que levabamos de sobra; Gabi en -42kg viña co obxectivo de disfrutar do torneo e facelo o mellor posible e quedou fóra das medallas. Ficamos contentos coa súa actitude. Claudia en +63kg viña co fin de gañar, mais non saímos centrados e quedamos fóra da final. No bronce victoria apretada, pero premia a súa ilusión. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario