sábado, 13 de abril de 2024

SUPERCOPA ESPAÑA ABSOLUTA, MARÍN

Hoxe sábado 13 de abril saían ao tatami na Supercopa de España de Marín 3 judokas do noso club co fin de acumular combates e mesmo nalgún caso sumar puntos no ranking. Non houbo sorte e unha mestura de factores levaron a que ningún dos nosos judokas pasara da primeira rolda e tivese opción de repesca. 

En -60 kg competía Javi Veloso, junior de 1º ano, contra o valenciano Hinojosa, 9º do ranking nacional 2023. Máis forte ca nós nos agarres o rival consigue proxectar con sode. Perde en cuartos de final, co cal, ficamos sen repesca. 

En -90 kg tiñamos a David Alvarez e Alex González. David libra en primeira para facer contra o portugués Miguel Dias, moi forte nos agarres de zurdo, o que determina o combate, a pesar de empezar marcando David de wazari, recibimos 2 shidos, e polo medo ao terceiro shido entramos no xogo do rival, quen nos vence por uchi mata. Gaña o seguinte combate pero se lesiona, renuncia á semifinal e quedamos fóra da repesca. 

Alex sae contra o quinto de España 2023, o valenciano Arambarri, quen nos domina arriba e nós nos metemos detrás nos desplazamentos, o que acaba nun sutemi e ippon. O rival perde logo contra o portugués Diogo Luis e tamén quedamos sen repesca. 

Resumindo, sorteos complicados e unha mestura de circunstancias variadas, pero estamos nunha Supercopa, co cal, se queremos estar arriba, temos que ser quen de superalas. Boa actitude en todo caso dos nosos judokas... e a seguir sumando combates. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario