sábado, 14 de diciembre de 2024

COPA A S18 CANARIAS + RANDORI LUGOKAN

Novamente tiñamos varias frontes abertas, desta vez en Canarias e Lugo.

O primeiro evento deste sábado 14 decembro era a Copa de España A de Granadilla, Tenerife, para sub 18. Nela tomaba parte Mateo Bello en +90kg co obxectivo de clasificarse directamente para o Campionato de España, tratando de ponerse como primeiro do ranking nacional. Obxectivo cumprido co ouro, sumado aos outros 2 ouros en supercopas + baremo insular, danlle a clasificación matemática. Isto nos permite concentrarnos na preparación para o nacional s18 e para o cpto galego e nacional junior.

Meritorio bronce de Hugo Viqueira en -81kg, quen por pouco non se mete na final. Tacticamente melloramos e Hugo levou un merecido premio. Noraboa a ambos, quen foron acompañados polo sensei Manuel.

@s judokas do NuGa, núcleo galego de adestramento, desplazad@s a Tenerife




Igualmente tiña lugar o II Randori Infantil Lugokan, organizado polo club amigo Lugokan de Lugo, a quen agradecemos a invitación e felicitamos pola organización.  Seguindo o sistema de grupiños de 4 judokas combatían deportistas desde @s mais cativ@s ata s15. A nosa expedición foi comandada polos senseis Nico e Mano.

Noraboa a tod@s!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario