sábado, 7 de diciembre de 2024

SUPERCOPA PAMPLONA S18 + LIGA RIAS ALTAS (CARBALLO)

Esta fin de semana de festivos viña cargada de eventos nos que o noso club tomaba parte, comezando o  venres 6 de decembro co 2ª xornada da Liga Rías Altas, en Carballo, para terminar coa Supercopa de España s18 en Pamplona hoxe sábado 7 de decembro. 

Esta mañá participaba en Pamplona o noso judoka s18 Hugo Viqueira, cuxo obxectivo é estar o máis arriba posible no campionato galego e no ranking autonómico da categoría, saía en -81kg contra o catalán Linares. Tratamos de dominar arriba nos agarres pero o contrario anticípase e acaba levándose o combate por dous wazari. Na seguinte ronda perde contra o cabeza de serie número 1 e campión do torneo, co cal Hugo queda sen opción de repesca. Temos que seguir a traballar certas cuestións tácticas que nos están condicionando ultimamente, e a próxima semana a Canarias á Copa A. 

Hugo cos compañeiros do NuGa desplazados a Pamplona

2ª XORNADA LIGA RIAS ALTAS, CARBALLO

Nesta segunda xornada traiamos tamén judokas s11 e s13, así como 1 s15 e 4 s18. Por outra banda, o equipo mixto senior empezaba a liga senior, que terá 3 xornadas regulares mail play off. En total, a nosa expedición rozaba @s 40 judokas. 

Categorías s11 e s13:
Para moit@s era a súa primeira competición como judokas ou desta tempada, co cal, e máis nestas idades, houbo un pouco de todo. 

O cómputo de medallas: 
1° Martín Tuñas
2° Valentina Landín / Dorotea Ramos
3° Clara Cela / Adrian López 
5° 4 quintos perdendo en semis.

A expedición viña comandada polos senseis Nico e Mano, axudados polos juniors Javi e Claudia Martínez e os s18 Mateo e Gabi. Grazas a el@s, porque con tanto judoka é moi difícil nestas categorías estar en todos lados. 






Categorías s15 e s18:

Nesta xornada subimos de peso a Liam Otero s15 -42 kg, quen lograba unha victoria, para logo caer e na repesca de novo sucumbiamos. A seguir traballando coa mesma ilusión e esforzo.

En s18 tiñamos unha baixa de última hora, co cal saímos con 4 judokas, 3 das cales teñen pouca experiencia nas competicións, polo tanto, as nosas expectativas eran de facelo mellor posible e seguir adaptándonos. 

2º Claudia Vilaseco +70kg
3º Mario Fernández -90kg
Participaban tamén Lucas Fernández -66k e Gabi Landín -50kg

Mario en -90k  estivo a bo nivel, pero menos resolutivo que en Cambre. Nos outros pesos estivemos regular, houbo un pouco de todo, perdendo combates que en principio presentábanse propicios para a victoria, pero ben por inexperiencia, ben por non estar centrad@s nun caso, levou a peores resultados dos desexados. Destacamos en todo caso as gañas e o espírito de equipo d@s nos@s s18. 

Nestas categorías o sensei Manuel contou coa axuda do junior Mario Vilaseco.


Categoría Senior por equipos mixtos:

Primeira xornada da liga senior con 4 pesos masculinos e 2 femininos. Os senseis Manuel e Nico á fronte do equipo, que viña con varias baixas e un peso vacío, o cal condicionou bastante algún encontro, pero estivemos en xeral nunha das moi probables opcións de resultados. Destacamos a forza do grupo, con veteráns, un judoka volvendo a competir tras varios anos, algún que baixou o ritmo de adestramentos polos compromisos universitarios, co cal ficamos contentos do nivel xeral. 

As ligas deste tipo, con todo tipo de perfiles de judoka teñen algo de lotería e ben se veu no conxunto dos resultados, en encontros moi desputados. 

Victoria ante Campolongo por 3-2. Saían Tomás, Mano, Mario, David e Claudia.
Victoria ante Lugo por 4-2. Competían Javi, Tomás, David, Fran e Claudia.
Derrota ante Arteixo por 1-4. O equipo: Javi, Tomás, David, Fran e Claudia.
Derrota ante Shiai por 2-3. No tatami: Tomás, Mario, David e Claudia.

En xeral encontros todos moi desputados, nos que os pesos valeiros e a estratexia dos equipos movendo alienacións foi clave. O encontro vs Shiai resolveuse no último combate que gañabamos por wazari pero precisabamos o ippon para empatar en victorias e puntos e arriscando buscando a victoria nos últimos segundos recibimos o ippon. Contra Arteixo houbo moita igualdade pero os detalles deron a victoria ao rival. No conxunto, deron tod@s o máximo, David estivo, a pesar de ás veces non estar fino, moi resolutivo, con paciencia e moito judo e gañou todos os seus combates. Tomás, quen estuda agora en Madrid, veu a axudar ao equipo e dou o máximo, ao igual que os outros compañeiros que estudan durante a semana fóra de Santiago e veñen os venres onda nós.  Con Mateo non quixemos tomar riscos antes da copa de Canarias, pero estivo tamén por se o precisabamos. O veterán e sensei Mano sempre aí; Fran volvendo a competir tras unha pausa de anos; Claudia coma sempre en todas as batallas. Polo tanto, moi orgullosos de tod@s sen excepción!! 









No hay comentarios:

Publicar un comentario