Esta fin de semana do 22 e 23 de febreiro concentraban en Sta Isabel en Santiago 3 eventos onde o club tomaba parte.
O sábado 22 pola tarde tiña lugar a fase sector do Campionato de España junior, onde os 3 primeiros de cada peso das comunidades de Galicia, Castela-León, Asturias e Cantabria clasifican para a fase final a celebrarse en Pamplona.
Mateo Bello, cadete de último ano e clasificado matematicamente para o Nacional s18 por ranking nacional, aínda non tendo o seu mellor día, foi quen de recompoñerse e tras catro combates meterse como mellor 3º en -100 kg e firmar a súa clasificación para a fase final. En 1ª mal combate, onde imos perdendo, pero un bo traballo de chan nos leva a ippon por estrangulación. En semis imos ben, pero nos pillan nun mal desplazamento e nos inmovilizan. No bronce, victoria cun bo desplazamento que acaba nun contundente ippon e no mellor bronce gañamos de contra nunha acción de sutemi do contrario.
Claudia Martínez en-52kg non encontrou armas contra a rival zurda en primeira, pero logo fixo un gran combate vs Higuero de Castela-León, quen viña de gañar á ouro de Galicia. Non comprendemos o criterio da falta de sancións á rival, nin a supresión do yuko marcado inicialmente por Claudia, nin o comenzo da inmovilización boca abaixo en contra dela... sentimos que Claudia non merecía a derrota, pero o judo ás veces é así.
Noraboa a amb@s polo seu traballo e dedicación!
Pola mañá tivo lugar a Copa de España s15, onde decidimos non levar judokas, pero si que estiveron varios dos nosos judokas axudando en mesa e no que fora necesario, tanto no s15 como no sector pola tarde. Fran, Hugo e Pablo, graciñas!!
Domingo 23 febreiro Xogade e Torneo de Promoción.
Case 60 judokas do noso club, co sensei Mano e Fran como xefes de expedición dun torneo que vai desde categorías biberón ata s15. Agrupánse en ligas de 4 judokas xeralmente e non hai resultados oficiais. Un bo xeito para iniciarse nos torneos de judo e continuación máis relaxada para outros.
En labores de mesa e arbitraxe tiñamos aos 2 participantes do sector junior, Mateo e Claudia, así coma Hugo. Aí van algunhas fotos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario