Aínda que por primeira vez en tempo tiñamos judokas nun só evento, foi intenso, polo carácter e a duración do mesmo. Na liga Rías Altas na súa xornada tiñamos este sábado 1 de marzo a judokas en todas as categorías, aínda que decidimos non levar a toda a tropa desta vez.
Nas categorías en formato individual (s11, s13, s15 e s18) o noso cómputo xeral foi de:
🥈Martín Tuñas s11, Claudia Vila s18, Gabi Landín s18
🥉Hugo Martínez s13,
5º Javi Martín s13, Marta Caneda s13, Lara Veiras s11, David Hernández s18, Mario Fernández s18
7º Adri López s11, Lucas García s18
Participaron tamén: Anxo Vázquez s11, Antón Gendra s13, Martín López s13, Simón González s13, Liam Otero s15.
Na categoría senior por equipos mal día froito dunha acumulación de calamidades e situacións polo menos conflitivas. No primeiro combate tiñamos como rivais aos líderes, JC Coruña.
O punto de inflexión do encontro foi no peso -85. Co tempo parado e nós con victoria por wazari, non protexemos ben e o rival ataca, marca wazari e tras moitas revisións considerase que a acción está dentro do tempo porque o árbitro non marca o fin de combate no momento en que o marcador está en cero, o que leva a combate empatado. Pasamos de poder estar en empate a 2 victorias e puntos tras 4 combates a estar 1-2. Mateo, cadete de último ano fixo un gran combate, pero non foi quen de evitar o ippon do rival e Claudia, xa co encontro perdido, non aproveitou o seu mellor agarre, para acabar perdendo. Un 1-4 ao noso xuízo que non mostra a igualdade do encontro no tatami.
Nos eventos por equipos os matices importan e moito e contra Cambre houbo un pouco de todo, accións alo menos controvertidas, erros nosos inesperadors, o que levou a un inganoso resultado de 0-6. Contra o Ferrolterra outro tanto do mesmo: situacións complexas, erros nosos e perdimos 3-3 e 23-27 puntos.... Xornada para, en parte, esquecer e igualmente para aprender dos erros.
O equipo estivo formado por Mateo, Miriam, Pablo, Mario, Javi, Claudia, David, Mano e Fran: bonita mestura de veteráns que volvían á competición tras anos no dique seco - como Pablo García, quen fixo unha gran competición contra rivais de entidade - , juniors, cadetes e seniors.
No hay comentarios:
Publicar un comentario