sábado, 23 de febrero de 2019

GRANDES RESULTADOS NO XOGAJUDO


Hoxe sábado 23 de febreiro saían varios dos nosos judokas ao tatami en Tui para o Xogade nas categorías s-13 e s-15. A modalidade é de competición individual con sistema de ligas segun proximidade de peso.

Os nosos deportistas fixeron unha gran competición e foron quen de gañar moitos combates. Unha experiencia mais no camiño aos obxectivos mais importantes do ano, sobre todo para os sub-15


SUB 13

Ouros: Sara 
Pratas: Lucía, Mateo

Lucía gaña 2 e empata 1, moi boa actitude. 
Sara gaña os seus combates con solvencia
Mateo gaña 2, uno deles contra un rival de moito mais peso e perde 1

SUB 15

Ouro: Marco, Raquel, Tomás, Mario, Iago
Prata: Xacobo, Javi, Alex
Bronces: Breogán

Abaixo os algunhas fotos e os nosos comentarios sobre os combates.











Marco gaña todos os seus combates por ippon
Breogán gaña o seu primeiro combate por 2 wazari e logo perde os 2 seguintes. Ben Breogán no seu primeiro ano como judoka.
Xacobo mellora con respecto á última competición e logrsa 2 victorias por wazari e perde un combate
Raquel empata no seu primeiro combate, falta de tensión, pero loga é quen de gañar os seguintes
Tomás consegue gañar por ippon os seus 3 combates
Javi estivo algo falto de intensidade, pero logrou a segunda posición
Mario: moi superior en 2 dos seus combates, consegue a victoria noutro tamén algo mais laboriosamente
Iago: victorias nos seus combates con moita solvencia
Alex ben nas súas victorias, en judo chan estivo algo durmido e é inmovilizado noutro combate
Xavi: temos que seguir traballando na entrada aos combates, os nervios e tensión, pero segue progresando. Hoxe perde 2 e gaña 1 combate en judo chan

No hay comentarios:

Publicar un comentario