sábado, 6 de abril de 2019

MONTSE, BRONCE EN CPTO MADRID UNIVERSITARIO, PRATA EN COPA ESPAÑA MARIN, TORNEO VITE E ENTRENO FEDERATIVO


Hoxe sábado 06 abril presentaba de novo un triple compromiso dos nosos judokas, desde algúns dos maiores, ata os pequenos. Antes, o venres 05 pola tarde vía a Montse no universitario de Madrid, representando a Pontificia de Comillas. 

CAMPIONATO DE MADRID UNIVERSITARIO 

Bronce para Montse tras gañar en primeira ronda, para logo caer en semis ante a medallista nacional de 63kg María Cabas. No bronce victoria cómoda.

COPA ESPAÑA A SENIOR - MARIN

Montse acadaba unha prata que ben pudo ser un ouro, tras gañar en primeira ante Costoya do JK tras 2 wazari, se ben un mal comenzo de combate nos levou a encaixar un wazari antes. Mais centrada, semifinal con victoria rápida por 2 wazari ante a santiaguesa Riveiro. Na esperada final ante a andaluza con licencia galega, Candela Fernández, empezamos con moi bo agarre. Tras un wazari, Montse inmoviliza, pero a rival é quen de sairse. Así que foi avanzando o combate, non supemos manter a táctica de desplazamentos fixada e judoka do Shiai nos marca 2 veces. Noraboa en todo caso polo traballo de Montse. 


Por outra bande, Manu, en 73 kg,  perdía en primeira ronda por amonestacións ante o experimentado judoka portugués Soares nun bo combate, onde nos faltou algo más de decisión. Alejandro, no mesmo peso, non saiu co tono do rival portugués, Silva, quen nos marca pronto. Ningún dos 2 repescou. Volta aos tatamis tras varios anos para Ana, quen realizou un disputado combate ante a valenciana Leile Souf, quen nos marca ao final 2 wazari. Notouse o parón e a nova categoría (-63kg), pero ficamos contentos coa actuación. 

ENTRENO FEDERATIVO - MARIN

Para a tarde deste sábado programouse unha concentración en Marín co obxecto de preparar a selección s15 e s18 para o campionato de España. Acudían os nosos s15 Iago I, Tomás e Raquel e o noso s18 Iago V. 

TORNEO DE VITE

Os prebenxamíns, benxamíns A e B e os alevíns saían ao tatami no torneo santiagués de Vite. En sistema de ligas no que para os mais pequenos non había clasificación, boa actuación dos nosos, moitos dos cales se subían ao mais alto do podio. A expedición era dirixida polo compañeiro José e os nosos judokas David Gualillo e Iago Vázquez participaron como árbitros. 

Aquí tedes algunhas fotos: 

 Adrián
 Adri e Salvador
 Alex (1)
 Claudia (1)
 Eva
 Gabi (2)
 Pablo (3)
 Sara (1)
 Uxío (3)



No hay comentarios:

Publicar un comentario