domingo, 29 de enero de 2023

LIGA OLEIROS SUB15 E SUB18: 2 pratas, 5 bronces, 1 quinto e 2 séptimos

Onte sábado 28 de xaneiro participamos unha mañá longa e intensa na 1ª xornada da Liga do Concello de Oleiros, ao que asistimos desde hai xa moitos anos grazas á invitación do club amigo JC Oleiros. A primeira xornada ten lugar na modalidade individual nas categorías s15 e s18 e saltaron 11 judokas do noso club ao tatami. Os nosos resultados foron en xeral satisfactorios e resúmense en: 2 pratas (s15 Hugo e Jesús), 5 bronces (s15 Claudia V; s18 Claudia L, Claudia M, Javi e Tomás), 1 quinto (s18 Mateo) e 2 séptimos (s15 Juan; s18 Xavi). 

Os s18 mostraron un nivel xeral máis alto que na anterior competición, pero houbo algún punto negro na nosa actuación. 


Na categoría femenina, as nosas Claudias mostraron unha mellora, principalmente no aspecto mental na competición, con Claudia López bronce en -57 e Claudia Martínez bronce en -52. Neste último caso, a medalla ben podía ser doutra cor, xa que nas semis perdimos na golden score ante a rival lucense, sempre dominando nós nos agarres e realizando ataques, pero nuns momentos nos que nos dominaron no agarre, non saímos a tempo e nos marcan un wazari in extremis. No bronce combate claro e sen dar rodeos con victoria de 2 wazari de uchi mata. 



En -55 kg masculino Javi gañaba o primeiro, perdía o seguinte, e na loita polo bronce, combate que domina pero que non acabamos de concretar nun ippon claro, a pesar das ocasión. En todo caso, logra a victoria e con ela, unha nova medalla. Seguimos mellorando, pero hai aspectos técnicos nos que seguimos fallando, que nos impiden estar ao nivel que cremos Javi debe estar. 


Tomás de novo estaba no podium de 60 e de novo ficamos con el cun sabor agridoce. Tras gañar os seus primeiros combates, en semis ante o rival ferrolano estamos por diante cun wazari, pero dentro do último minutos non protexemos o agarre e nos marcan un ippon de uchi mata. No bronce victoria con autoridade, pero pensamos que Tomás en xerla leva pouco premio para a cantidade de combates que leva nesta tempada, entre copas de España e ligas e parece que sempre nos quedamos ás portas. Calidade ten de sobra para máis e niso seguiremos traballando. 


O resultado dos nosos dous -66 kg é enganoso. Por unha banda, Xavi fixo 4 combates no seu primeiro campionato en moito tempo e unha tempa en xeral moi irregular, co cal estamos bastante satisfeitos da súa actuación e o seu séptimo posto. Perdeu o pase ao bronce ante o judoka de nivel nacional Samu Tato do Base, pelexando o mellor poisble. A outra cara da moeda mostrouna Mario,quen viña de encadear moitos campionatos con moitos combates de calidade e bos resultados e hoxe saiu co pé esquerdo. En primera ronda, falto de motivación e intensidade, perdemos, para na repesca gañar fácil e logo perder contra Tato nun mellor combate, pero falto da intensidade habitual de Mario. Unha mágoa.

Mateo quedou por primeira vez en toda a tempada fóra das medallas, pero se cadra nos ven ben para reaccionar, porque nos últimos campionatos non estabamos a mostrar a nosa mellor cara. En primeira ronda victoria cun espectacular makikomi ante un judoka de maior envergadura, para encadear cunha inmovilización. En semis non fomos quen de buscar solucións ante un judoka dun perfil físico moi distinto e perdemos. No bronce un pouco o mesmo. Somos nós quen atacamos, pero non resolvemos as situacións na que o judoka do Escola nos domina nos agarres e na golden score sucumbimos. Mateo é judoka cadete de primeiro ano, está primeiro no ranking galego e séptimo no ranking nacional, co cal, no debemos preocuparnos polo resultado en Oleiros. 

Os sub 15 foron unha agradable sorpresa tendo en conta que participaban no seu primeiro campionato da tempada, tras unha longa pausa sen competir por motivos diversos. 


En -42 kg gran competición de Jesús, quen gaña o primeiro combate con bonito koshi guruma e en semis logra un wazari que, froito dunha boa estratexia, foi quen de conservar ata o final. Na final non tivemos moitas opcións ante un judoka máis bregado, pero Jesús amosou unha gran actitude. Juan quedou nunha boa séptima posición tras 3 combates, nos que vimos cousas boas, como judoka rápido que é, pero notouse a pausa nos agarres. Aínda así, boa competición.


Hugo participaba tamén no seu primeiro campionato en anos trala pausa polo Corona e reincorporarse ao judo hai pouco. Gran campionato e segundo posto, tras dous ippons e perder na final contra o judoka de Oleiros en chan, rival con moita experiencia. Gran actitude tamén de Hugo. 


En +63 femenino debut de Claudia Vilaseco, quen foi quen de chegar á golden score contra a rival asturiana e en xeral tivo unha actuación satisfactoria dada a súa inexperencia. 



O dito: quedamos contentos a nivel xeral, a pesar dos matices, e vemos que o grupo segue avanzando cara obxectivos maiores, un tren ao que se suben agora tamén @s nos@s sub15. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario