domingo, 22 de enero de 2023

LIGA RIAS ALTAS EN ARTEIXO: S18 6 MEDALLAS E BRONCE POR EQUIPOS SENIOR

Este sábado 21 de xaneiro voltamos á épica das competicións intensas e longas, dadas as distintas categorías que saltaban ao tatami de Arteixo da 3ª xornada das Ligas Altas. Ata hoxe "só" acudimos cos sub18 a esta liga, pero engadiuse unha competición por equipos senior, na que participamos e valeu a pena, xa tan só pola intensidade dos combates e os encontros tan igualados en xeral. 

A foto de conxunto resume o aspecto fundamental co que nos quedamos de todo isto: a profundidade e renovación do noso pequeno club. Por razóns técnicas non viñemos a esta liga coas categorías máis novas. Pero na foto xuntos saen judokas sub-18, juniors, seniors, veteráns e a nosa fichaxe de nivel. 

Crónica da competición: 

Comezando coa categoría s18, a pesar das moitas medallas, ficamos cun sabor agridoce. A colleita foi dun ouro de Mateo en +90, prata para Mario en -66, bronces para Tomás en -60, Javi en -55, Claudia M en -52 e Claudia L en -57. 

O que outr@s venderían como un gran éxito, a pesar do valor per se da actuación conxunta e individual, con vari@s judokas que levan moitas competicións de maior ou menor nivel subíndose ao podium, consideramos que a posición neste evento debía ser máis arriba para tod@s el@s, salvo Mateo, quen acadou o ouro. 

Javi en -55, certo que está nunha tendencia positiva de gañar combates, pero neste campionato estimamos que a súa posición tiña que estar máis arriba. Faltounos tirar de experiencia. En -60 kg Tomás non deu rendido ao seu nivel, a pesar do mérito de gañar varios combates tocado dun brazo. Cremos que aínda así, faltaron recursos para gañar nas semis. En -66 kg boa competición de Mario, quen se metía na final e segue na súa boa racha, pero na final as molestias nun brazo fixeron que non se concentrara e perdía merecidamente. Mateo en +90 volveu a gañar con autoridade, pero estivo menos resolutivo que noutras ocasións. Claudia Martínez en -52 estivo por debaixo do seu nivel, ao igual que Claudia López en -57. Temos que seguir traballando o aspecto mental das competicións. Este foi, ao noso parecer, o principal problema do grupo; pero en realidade temos ao mesmo tempo que felicital@s polo seu traballo, a súa constancia e persistencia. 


A competición por equipos masculinos senior foi intensa, igualada e das que crea afición, c@s compañeir@s sub-18 e c@s pais e nais del@s nas gradas apoiando ao máximo. A dificultade hoxe en día de poder crear un equipo senior da máis valor á nosa participación. No tatami de Arteixo xuntáronse judokas de distintos niveis, pero cunha gran cantidade de medallistas nacionais e autonómicos. Seis equipos saían a competir agrupados en dúas ligas, semis e final. Cada judoka facía contra o rival do seu mesmo peso e co do peso seguinte, co cal saímos da competición con 6 combates por judoka. 

O noso equipo estivo formado polo junior de primeiro ano Iago, polos seniors Pablo e Millán, polo veterán Mano e a nosa fichaxe do Shiai Guillermo Cadenas, quen se mostrou fundamental no noso rendimento e fixo de capitán. Victoria in extremis contra o Coruña B, onde se chegou a 4-4 e, por sorteo, decidía o desempate o combate de -85, con Millán (quen compite normalmente en -73 kg). Millán acusou moito nos 2 combates anteriores o período de inactividade, pero tirou de veteranía e gañou no desempate cun precioso tai otoshi. No seguinte encontro contra Cambre nos deixamos dous combates que non debimos ter perdido e nos relegou ao segundo posto do grupo e ao cruce, polo tanto, co primeiro do outro grupo e gran favorito, o Coruña A. Ante eles poucas opcións, aínda que tivemos bos combates. Noraboa a todos os membros do noso equipo, que permitiu formar un equipo senior, que saiu ao tatami a tratar de meterse nas medallas, cousa que logrou ao final. Merecido bronce para eles!


Aquí temos varias fotos da competición: 

Claudia López recibindo a medalla

   Javi bronce en -55

Mario prata en -66

Ouro de Mateo en +90


Bronce de Tomás en -66

Podium completo da competición senior: 1º Coruña A, 2ª Arteixo, bronces Cambre e Terras de Santiago







No hay comentarios:

Publicar un comentario