domingo, 12 de marzo de 2023

CAMPIONATO GALICIA JUNIOR E LIGA OLEIROS SUB11

Onte sábado 11 de marzo tiñamos de novo 2 citas: por una banda, a Liga de Oleiros con 2 equipos s11 na liga A, por outra, o Galego Junior en Fene, cun bronce e un quinto como botín. 

Na liga de Oleiros sub-11 os 2 equipos, a pesar de estar compostos por nen@s que levan pouco facendo judo, xa fixeron un gran papel na primeira xornada, ao clasificaren para a liga A (dun total de case 30 equipos participantes). Nesta xornada tiñámolo máis complicado, pero deron todo o posible, para tratar de pasar a loitar polo playoff polo título. Ambos pelexarán na última xornada polos postos entre o 5º e o 16º. 

O Terras de Santiago A vencía por 3-0 ao Oleiros B, perdía 4-0 vs Avilés A e por 3-1 ante Base. Formaban o equipo: Luca, Hugo, Nahuel, Ubaldo, Martín, Xian e André. Noraboa a tod@s!

O Terras de Santiago B perdía vs Lugokan 4-1, por 3-2 vs Cristo Rey e ante o Hércules 4-1. O equipo estaba composto por: Gonzalo, Héctor, Thiago, Filipe, Pablo e Marta. E o capitán o noso senior David Alvarez, axudado polo sub-15 Hugo Viqueira. Noraboa!!


CAMPIONATO DE GALICIA JUNIOR

O torneo parecía que ía por onde tiña que ir para @s nos@s.... ata que deixou de facelo... En -60  kg saían dous cadetes, Javi Veloso, quen compite como s18 en -55 kg e con Tomás Vázquez. Javi empezaba ben o combate dominando... pero non acabamos de rematar e terminamos derrotados e sen repesca. Vellos erros que volven, pero Javi sempre está en todos os eventos e debe seguir así. 

Tomás volvía a subir ao podium cun novo bronc. Polo seu lado estaba Patiño, primeiro do ranking nacional, quen non nos deu opción en primeira ronda. Na repesca, victorias ante Fernández do Pontevedra, Castro do Compostela e no bronce ante Sousa do Shiai. Noraboa a Tomás, quen non estivo nos agarres ao seu nivel, pero foi resolutivo grazas ao seu judo variado e de novo obtía unha merecida medalla.



En 66 kg, Iago Iglesias gañaba a ronda previa con dous wazari, logo perde vs Berto do Base e na repesca ante o seu rival do Finisterre. Tras un ano moi irregular e poucas competicións, boa actuación de Iago, pero pensamos que podía estar más arriba. En -100 kg, victoria de Mateo Bello cun gran seoi, para logo perder en semis ante o favorito da categoría. No bronce, combate ben encarrilado cun wazari por diante, o rival sen opcións e con 2 shidos, Mateo dominando agarres... ata que a 5 segundos final decidimos baixar a garda e nos marcan un ippon xusto ao final do tempo... Non nos podemos permitir este tipo de erros logo dun traballo ben feito. Estamos seguros de que aprenderemos disto e veremos o mellor Mateo no nacional s18. En -52 kg Claudia Martínez fai un primeiro gran combate ante Lomba, pero nunha acción polo menos controvertida, recibe un ippon. Na repesca, gran victoria de ippon, para chegar ante a súa rival do Lugokan, ante a cal realizamos todo tipo de ataques, só recibe 2 shidos, cando na nosa opinión tiña que ter recibido hansoku make por non realizar nin un só ataque. Claudia colapsa mentalmente a 30 segundos do final e recibe por accións totalmente inocentes 3 shidos seguidos.... Ao igual que Mateo, judokas deste nivel non se poden permitir estes erros. A seguir traballando!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario