O sábado 18 tiñamos a Tomás Vázquez competindo en -60 kg no sector junior onde participan seleccións de Cantabria, Galicia, Asturias e Castela-León. Só os 3 primeiros de cada peso clasifican para a fase final do Campionato de España. Tomás, aínda cadete, gañaba con moitas dificultades en primeira ronda ao asturiano Madrid, cando iamos cun wazari en contra e nos últimos segundos Tomás anota un wazari de cadeiras, para logo na golden score marcar de barrido. En semis ningunha opción ante o favorito, Moral, para logo no bronce perder contra outro asturiano. Non estivemos ao noso mellor nivel, pero Tomás volvía a estar na loita polas medallas, que é onde ten que estar. Noraboa a Tomás!
XOGAJUDO - domingo 19 marzo
No día do Pai concentrábanse case 300 judokas de Santiago e comarca, Lugo, Vilagarcía, para o Xogajudo, torneo desde os máis pequenos ata s15, onde @s judokas se agrupan en ligas de entre 3 ata 5 deportistas co fin de facer o maior número de combates posibles. Tras varias baixas de última hora, algunha delas por enfermidade e previo aviso, saían 28 judokas do noso club. Boa experiencia nun ambiente cordial. Colaboraron do noso club en mesa, organización e arbitrando desde o grupo d@s cadetes Mateo, Tomás, Claudia M, Claudia L, Mario e Javi, ata o veterán José e o sensei Manuel.
Aí vos quedan algunhas fotos, varias delas cortesía da incombustible Esther, sensei do Peleteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario