Noraboa aos nosos 2 equipos s11 que participaron na sempre concurrida e desputada Liga do Concello de Oleiros, organizada polo JC Oleiros - coma sempre, moitas grazas por invitarnos!!
O nosos equipos teñen pouca experiencia, pero sempre mostraron unha gran motivación e bo judo, o que se reflectiu nun bo resultado, postos 11º e 13º nunha liga de 29 equipos das comarcas de Oleiros, Coruña, Lugo, Ferrol, Santiago, A Estrada.... e con presenza asturiana tamén.
Nesta última xornada o equipo A gañou 1 e perdeu 2 encontros e o B gañou o seus 3 encontros. Estaban dirixidos polo noso judoka senior David Alvarez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario