sábado, 6 de mayo de 2023

1 OURO, 1 BRONCE E 1 7º NA COPA DE ESPAÑA DE OURENSE JUNIOR

Hoxe sábado 6 de maio acodiamos con 6 judokas á Copa junior de Ourense, todos eles cadetes salvo 1 junior. Ficamos contentos co nivel xeral, pero con matices. 

Ouro para Mateo gañando en -100 kg os seus 2 combates por amonestacións, pero tivemos erros que temos que correxir. Aínda si, coma sempre, judoka versátil. En -52 kg viña un bronce con Claudia Martínez ben merecido quen puido ser unha prata ao estaren empatadas ela e a judoka asturiana a puntos e perder con ela nun combate onde regalamos 2 shidos en 40 segundos. Derrota ante Gaiteiro en chan, a favorita, e boas victorias ante Montana de Lugo por 2 wazaris e ante a rival portuguesa en chan. Boa competición e bo judo de Claudia. 

En -60 saía Javi Veloso, bo combate ante o duro rival que acabou sendo bronce no final do cpto, pero nos gañan por 2 wazaris. En -66 kg estreo de categoría de Tomás Vázquez, cun sorteo vs Samu Tato, do club amigo Base, ante quen facemos un bo combate táctico, cometemos erro, nos contran e logo máis adiante recibimos ippon. Na repesca mal plantexamento de agarres nos levan á derrota ante un judoka portugués accesible. En -66 kg Iago Iglesias obtía a 7ª praza, tras perder en primeira ante o portugués Pata, ante o cal tivemos as nosas oportunidades. Na repesca victoria por contra, para logo perder o pase ao bronce ante o duro judoka extremeño nun bo combate. Bo campionato de Iago. En -73 estreaba peso Mario quen non saía co impulso necesario, perdendo e en repesca, algo similar. Temos que traballar máis ese primeiro minuto. 

Noraboa a todos/as!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario