Este sábado 16 de decembro presentaba 2 frentes abertos para o noso club. Por unha banda a Copa de España de Canarias, con 3 judokas e o sensei Nico e, por outra banda, 50 judokas d@s mais cativ@s no IX Trofeo Kumi Kata de Vedra, organizado polo JC Escola, cos sensei Alex e Mano en cabeza.
COPA DE ESPAÑA S18 - CANARIAS
Resultados:
Mateo Bello bronce en +90 kg
Claudia Martínez 7ª en -52 kg
Hugo Viqueira participou en -81 kg
Aparte de tratar de sumar puntos con Mateo, para voltar ao 3º posto do ranking nacional, buscabamos mover a Hugo, quen ten menos experiencia nestas lides, darlle combates de calidade a Claudia, e seguir facendo equipo e sumando.
Analizando a competición, Mateo volveu ao podium, o cal hai que premiar, porque en todos os campionatos nos que toma parte está sempre na loita polas medallas. Tras unha victoria por ippon ante Fernández Santana de Canarias, na semifinal tiñamos ao actual campión de España da categoría, o tamén canario Rojas, quen domina no agarre e tampouco saímos coa confianza necesaria, co cal perdemos por ippon. No bronce, combate traballado e resolto por wazari ante Trujillo. Aínda que a nivel de puntos non conseguimos os que precisabamos para subir no ranking, ficamos coas boas sensacións de que se están facendo as cousas ben e de que imos no camiño.
-52 kg feminino presentabase como un peso moi concurrido e igualado, onde Claudia ten un duro combate de previa en 1/16 de final ante a catalana Vendrell, a quen marcamos de xeonllos un wazari a 1 segundo do final. Ante a dura canaria Salazar costounos manter ese ritmo e nos marcan ippon, o que nos leva á repesca, onde gañamos de ippon en 10" a De la fuente, de Madrid. No combate polo pase ao bronce, aínda que está igualado, as sensacións non son as mellores e andaluza Román saca proveito para leverse a victoria. Valoramos que Claudia fixo 4 combates duros, onde sempre ten que estar, pensamos, e o traballo dos adestramentos da o seu froito.
Finalmente, Hugo debutaba en copas cadete e é unha mágoa non ter máis sangue frío, tomando riscos innecesarios, o que levou á derrota ante o seu rival canario e sen opción de repesca. Trátabase de ir collendo experiencia en saídas, así que boa experiencia igualmente.
IX TORNEO KUMI KATA - VEDRA
Neste tradicional torneo de Nadal tiñamos no tatami aprox. 50 judokas de todas as idades ata s13, en moitas de cuxas categorías non había clasificación. Polo tanto, tratábase máis ben de pasar unha boa mañá de judo e para moitos de participaren por primeira vez nun torneo con outros clubes. A numerosa expedición do club foi comandada por Alex e Mano, quen contaron coa axuda de Mario, Claudia V, David jr, Javi e Martín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario