domingo, 14 de enero de 2024

NUCLEO DE ADESTRAMENTO DA COMARCA DE SANTIAGO

Onte 13 xaneiro de 2024 tiña lugar na sala de judo da USC o primeiro adestramento deste ano dentro do ciclo de adestramentos do Núcleo da Comarca de Santiago, organizado pola Delegación de Santiago, a Federación Galega e a USC. Batendo records cada vez, tanto no conxunto, con 13 equipos de Santiago e mesmo Lugo, Oleiros, Vilagarcía e Coruña, como no concreto do noso club, con 30 judokas no tatami, desde sub11 ata seniors, repartidos en 2 turnos. 

A seguir así, xa que estos adestramentos son clave para mellorar, para probar cousas novas, facer judo con xente distinta á do noso día a día, socializar con outros equipos e un logo etcétera. 

Aí van un par de fotos da mañá. 




Pode ocurrir que mentras que se fai unha foto esquezamos que xa se acabou o adestramento ;)



No hay comentarios:

Publicar un comentario