sábado, 27 de abril de 2024

MATEO BELLO 5º NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 18

O noso representante no cpto de España, Mateo en +90 kg, quedou co mel nos labios. Logo do 7º posto do 2023, este ano perdimos o combate polo bronce vs o santiagués Noe Glez, tras recibir 3 shidos. Faltounos máis ritmo e tivemos un par de erros neste combate, pero non esconde a gran actuación de Mateo. 

Viñamos a Pamplona coa clara intención da medalla, vistos o seu 5º posto no ranking nacional o 1º no ranking galego e todas as medallas e grandes postos en copas de España. Comezamos con victoria ante Carrión de Castela-La Mancha. Seguimos en cuartos con victoria de wazari de seoi ante o madrileño Baqueicoa. En semis tiñamos ao vixente campión de España, o canario Rojas, ante quen facemos un bo combate, regalamos algún shido, proxectamos ao rival sen lograr marcar, e logo nos empuxan, pisamos fóra e cae o 3º shido. Os matices importan moito e deron a victoria en moitos combates a uns e outros neste peso. 

O bronce estaba ao alcance da man, pero o comentado anteriormente: perdemos por shidos ao final do combate. Esta ecuación estaba dentro do posible, pero non por iso deixa de facernos sentir que quedamos con sabor agridoce, xa que esperabamos máis. En todo caso, gran actuación e continuación do gran traballo de Mateo e a súa progresión, sempre estando aí arriba en todos os campionatos aos que acode. Noraboa!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario