Xusto acabamos a tempada 2023-24 e xa empezamos cun novo éxito de Mateo Bello de cara á tempada 2024-25.
Mateo comeza cun ouro en +90kg na primeira copa puntuable para o ranking nacional e para o galego, coa mente pensando na clasificación directa para o vindeiro e aínda distante Campionato de España. Aínda que non estivemos ao máximo nivel, os combates foron dominados por Mateo, quen tras unha semi gañada por wazari, na final gañaba cun bonito ippon.
Bo principio de tempada, que nos debe animar a seguir fixando os obxectivos altos con Mateo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario