Este sábado 7 de setembro empezabamos coa segunda copa puntuable para o cpto de España junior, a primeira con participación nosa, trala de Extremadura. Ficamos satisfeitos coa actuación e coa actitude en xeral d@s nos@s judokas.
Mateo Bello lograba o outro tras gañar por ippon os tres combates vs Franceschini, Suárez e González, mostrando un bo nivel e sobre todo estivo máis asentado no tatami dominando os tempos de combate. Con isto, achégase en puntos ao primeiro posto do ranking galego e sitúase no número 1 do ranking nacional. Certo é que levamos moi poucas copas e isto cambiará, aparte de que non debemos esquecer que Mateo é judoka cadete, onde está primeiro en ambos rankings en +90 kg. Así que paciencia e a seguir traballando.
Hugo Viqueira, cadete de segundo ano saía en -81 kg con fiebre, pero non impediu facer un bo papel, tras gañar o seu primeiro combate, para logo caer na repesca e na loita polo bronce. Seguimos mellorando, pero imos polo bo camiño.
Tamén competían Claudia Martínez en -52 kg e Javi Veloso en -60 kg, @s cales puderon estar máis arriba, perdendo os seus primeiros combates, así como na repesca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario