sábado, 12 de octubre de 2024

SUPERCOPA ESPAÑA s18 VIGO: MATEO OURO

 O día do Pilar foi a data na que se celebraba a Supercopa de España S18 en Vigo. Decidimos traer soamente a dous judokas, con obxectivos claros.  

Mateo Bello +90kg lograba o seu: gañar no seu peso e seguir arriba na clasificación do ranking nacional e coller distancia no galego. Gañou os seus combates contra rivais portugueses con solvencia . 

Con Hugo Viqueira -81kg viñamos coa idea de estar arriba, pero o sorteo non foi moi propicio, perdendo contra o rival portugués, quen despois gañou ao campión de España Nicolás Freire, con quen facemos repesca e perdemos. En todo caso, acumular combates e experiencia é o que buscamos con Hugo.

Polo de tanto, ficamos satisfeitos coa actuación de ambos; hoxe estarán no adestramento federativo asociado á Supercopa.





No hay comentarios:

Publicar un comentario