sábado, 21 de diciembre de 2024

20 E 21 DECEMBRO, VEDRA: STAGE ESTRELLA LOPEZ + TORNEO KUMI KATA

Onte venres 20 de decembro pola tarde, tiñamos para parte do club adestramento normal e para outra parte o stage organizado polo JC Escola en Vedra coa medallista europea Estrella López Sheriff. Participaron desta interesantisima experiencia Mario Fernández, Mateo Bello, Hugo Viqueira e Claudia Martínez. 

O sábado 21 tiñamos de novo como escenario o tatami en Vedra con case 60 deportistas do noso club!! Ao fronte da expedición os senseis Nico e Mano, axudados por Mateo e Hugo, en labores de asistentes en mesa, e Claudia Martínez como árbitro. Coma sempre unha magnífica experiencia antes do Nadal. 











No hay comentarios:

Publicar un comentario