Nova fin de semana chea de eventos nos que o club tomaba parte. O sábado 26 tiñamos a 4 equipos na Liga do Concello de Oleiros, organizada polo JC Oleiros nas categorías s11 e s13. Esta primeira xornada determina quen fai as seguintes xornadas na liga A ou B. Ao mesmo tempo tiñamos 4 judokas competindo na Supercopa de España junior de Colmenar Viejo.
SUPERCOPA JUNIOR COLMENAR VIEJO, MADRID
Viñamos con distintos obxectivos, pero en xeral non estivemos ao nivel desexado. Tampouco podemos falar de hecatombe, pero ben é certo que nun evento como este, cunha participación tan alta e de nivel, os erros ou a falta de aproveitar ocasións, páganse moi caros.
Fomos dentro da expedición do núcleo galego NuGa, cos senseis Xaquín do Base e Manuel dirixindo @s judokas do Base, Terras e Lugokan.
Competía Javi Veloso en -60kg, quen fixo un bo combate, empatado a 2 shidos ata que a 6 segundos nos proxectan. Unha mágoa, porque ata o momento as 2 únicas entradas foran del. En -66kg había o mesmo número de participantes (!). No vale de excusa, pero o sorteo non foi benigno paa TomásVázquez e tocounos en primeira ronda contra o aragonés Marí, ante o cal saímos en 2ª marcha... e nos vamos para casa, xa que o rival avanzou moitas rondas pero perdou en golden score ante o judoka kazajo con licencia valenciana Assanaliyev. Mateo Bello tiña que gañar o seu primeiro combate ante o rival madrileño en -100kg, para ter opcións de puntuar, pero nos deixamos dominar durante gran parte do tempo, ata que logo xa somos nós quen levamos a iniciativa e os agarres, pero cometemos un erro de desplazamento e nos proxectan e inmovilizan. Claudia Martínez en -52 kg, gaña o primeiro combate contra a súa rival de Madrid por 1 wazari e logo un gran ippon. No seu segundo combate contra a cántabra Gómez Silvestre, entramos seoi e a rival cae na liña dos seus hombros e do pescozo, pero non se considera merecedora do ippon nin revisan acción desde mesa. Regalamos un shido nos agarres e logo a rival entra varias veces sen perigo rozando a falsa entrada e os árbitros danlle 2 shidos seguidos a Claudia. Non sabemos cal resultado sería ao final, pero estimamos que estas decisións determinaron radicalmente todo. Unha mágoa, xa que a dinámica era moi boa e levabamos os agarres. Nos catro casos, quedaron sen posibilidade de repesca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario