O pasado sábado 29 de marzo tiñamos a un representante no Cpto España Junior en Pamplona, logo da súa clasificación no sector oeste. Viñamos con Mateo Bello -100kg, aínda cadete e clasificado xa por ranking nacional para o nacional da súa categoría. As expectativas eran de facer varios combates es estar o máis arriba posible, pero sen presión. Non saímos como debemos na loita de agarres e quedamos vendidos ante o rival vasco quen nos fai un cambio a atrás. Na repesca, deixamos de novo demasiadas opcións de agarres e o rival catalán, 3º do ranking nacional, proxéctanos. Non estivemos hoxe nada finos, ou mellor dito, saímos sen a concentración necesaria.
Debemos seguir adiante cos obxectivos da tempada, que son estar arriba de todo no galego e no nacional cadete, así que a correxir cousas e a traballar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario