Hoxe sábado 12 abril tiñan lugar en Fene os play off polo título da Liga Senior Rías Altas, así como os play off de consolación, onde participaba o noso equipo. Boas sensacións en xeral e contentos da profundidade do noso cadro de judokas, a pesar de non ter peso pesado feminino. Nesta liga participamos segundo a xornada cun gran número de judokas de todos os perfís posibles. Nesta última tiñamos dispoñibles a Javi, Mario, Pablo, David, Fran, Mateo e Claudia.
Tras librar en primeira en semis perdemos in extremis 2-3 ante o Base, onde a falta do +60kg feminino condicionou o encontro. Na loita polo bronce victoria 5-0 ante o Campolongo. En liñas xerais estiveron tod@s ben, ainda que saímos algo durmidos nalgún combate. Mateo marchaba xusto despois para a concentración en Marín convocado pola selección nacional en vista ao cpto nacional s18, e @s demais a descansar uns días. Noraboa a todo o equipo e non esquezamos a todo o equipo en toda a liga: Javi, Tomás, Mario, Maxim, Mano, Pablo, Alex, David, Fran, Mateo, Claudia e Miriam.
No hay comentarios:
Publicar un comentario