domingo, 7 de septiembre de 2025

06-07 SETEMBRO - EXAME CINTO NEGRO e ATENEA CAMP

Nesta fin de semana tiñamos dous eventos importantes, nos que participaban vari@s d@s nos@s judokas nas instalacións da USC. 

O sábado tiña lugar pola tarde o exame de cinto negro, no que tomaban parte 5 judokas do noso club, mais 11 do Oleiros, con 2 tribunais. A preparación do cinto negro non esquezamos que implica moito traballo e respecto polo máis mínimo detalle, cousas que @s nos@s judokas tiñan de sobra. Polo tanto, estamos moi contentos pola merecida subida de cinto: 

1º dan: Mateo Bello, Pablo García, Claudia López

2º dan: Mano Pereira

3º dan: David Álvarez

Moitas grazas a Claudia Martínez por facer de uke da súa compañeira Claudia López, así como os outros ukes que se presentaban igualmente ao exame. 










O Atenea Camp, organizado polo JC Escola, contaba durante os 2 días de realización, coa participación de ponentes relevantes como as internaciones Estrella López e Carla Ubarsat, en arbitraxe Nagore Valle, en vendaxes Alvaro Muzas. Participaban judokas nosos, así como algúns pais e nais de judokas. Na foto Salus, Mateo, Hugo e Liam. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario