En Ourense no pavillón dos Remedios tiña hoxe lugar unha nova edición da Copa España A en categoría junior, na que estivemos presentes con 3 judokas, un deles cadete aínda.
Mateo Bello saía en -100kg nunha liga vs o medallista nacional Lago, ao outro judoka apuntado non dou o peso... Mala cousa, xa que o que perda non puntúa... Mal comenzo, entramos no seu xogo e perdemos. No segundo combate moito mellor, mellores agarres, máis asentados, pero volvemos a cambiar de plan no medio e o rival aproveita a oportunidade. A seguir traballando no seu primeiro ano de junior nunha categoría que xa coñece, pero os rivais son dun perfil distinto que o +90 kg cadete.
Claudia Martínez en -52kg fixo un bo combate ante a favorita, Gaitero, judoka internacional de Castela con licenza galega, chegando empatadas pouco antes do último minuto. En judo chan temos a perna agarrada da rival, sen acción algunha, pero deciden deixar bastante tempo, ata que de súpeto cambia a postura e da sacado a perna e inmovilizado. Boas sensacións e bo traballo en xeral. Na repesca empezamos ben con agarre forte arriba, pero logo nos cazan nun ouchi moi rápido para un yuko, sendo golden score, co cal, para casa. Primeira competición para ela, boas sensacións a pesar do resultado.
Hugo Viqueira volvía á categoría de -81kg; toca adaptarse pero empezamos con bo pé a pesar de varios detalles a revisar. No primeiro combate victoria rápida vs Villegas; en semi non iamos mal, pero Vila de Galicia, non é un perfil dos que nos vaian ben e logrou a victoria. Sen estar fino no bronce e cun wazari en contra, Hugo fixo un gran kata guruma marcando ippon. Moito traballo por diante nun judoka aínda cadete, pero empezamos de maneira positiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario