domingo, 19 de octubre de 2025

18 OUTUBRO: SUPERCOPA S18 VIGO, HUGO VIQUEIRA BRONCE

Partiamos cunha expedición moi cativa en número, pero con obxectivos claros: dar combates de maior calidade a Claudia Vilaseco en -70kg e medalla e puntos nos rankings para Hugo Viqueira en -81kg. 

Claudia saiu con boa actitude nos agarres, pero desinflouse pronto e deixou que a rival portuguesa - bronce do torneo - entrase de xeonllos para un ippon. Ficamos sen repesca, xa que a lusa perdía en golden score ante a favorita e finalmente gañadora do torneo. Temos que subir de marcha para poder estar nestas lides. Neso seguiremos traballando con Claudia. 

Hugo fixo un gran campionato, só detalles puntuais impidiron estar máis arriba, pero nos seus 5 combates mostrou que está asimilando perfectamente o traballo específico e a toma de decisións in situ nas competicións. En primeira victoria rápida ante o compostelán Rial, en segunda derrota por un yuko in extremis ante o rival cántabro, quen levou o ritmo a primeira metade e nós a segunda, pero os matices contan e moito e non fomos quen de marcar. Na repesca dous ippons consecutivos para no bronce gañar en golden score un durisimo combate ante o judoka portugués Vilarinho, onde inmovilizamos nunha boa transición de pé a chan. Merecido bronce para Hugo e a seguir cos pés na terra e traballar así. 

Noraboa a amb@s!


O domingo 19 tiña lugar o adestramento federativo para os primeiros do ranking das distintas categorías, tamén en Vigo. No tatami Mateo Bello e Hugo Viqueira sumando horas de adestramento de calidade e saíndo da nosa zona de confort. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario