lunes, 6 de octubre de 2025

27 e 28 SETEMBRO, SAN FROILÁN: STAGE + TORNEO S15 e S18

A fin de semana do 27 e 28 setembro foi ben completa en Lugo para o noso club: por unha banda, o Stage San Froilán coa campiona olímpica de -78kg Alice Bellandi (Italia) como invitada estrela, e polo outro lado, o torneo individual s15 e s18 ao día seguinte. 

No Stage participaron Claudia V, Claudia M, Liam, Dani, Simón, Hugo e Mateo.

No torneo s18 e s15 tiñamos a Hugo, Claudia V, Dani, Liam e Simón. 

Ouro: Hugo Viqueira -81kg s18

Prata: Claudia Vilaseco -70kg s18

Bronce: Liam Otero -46kg s15

Tamén participou Simón González en -42kg sen medallas e Dani González en -46kg non saiu por molestias tralo stage. En xeral notouse para algúns a falta de rodaxe por ser o primeiro evento da tempada, Hugo seguiu na súa liña de traballo trala Copa de España junior e Liam deu un paso máis cara arriba con respecto a competicións anteriores. 


A seguir traballando!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario