domingo, 9 de noviembre de 2025

SUPERCOPA ESPAÑA JUNIOR GIJÓN: MATEO E CLAUDIA QUINTOS

En xeral boas sensacións nesta Supercopa á que acudiamos con tres judokas co obxectivo de sumar combates de nivel e puntos para os ránkings. 

En -52kg Claudia Martínez perdía en primeira ronda nun bo combate contra a cabeza de serie número un, a aragonesa Obón quen marca wazari e en chan nos pilla en sankaku. Na repesca dúas victorias. No combate polo bronce imos gañando por 2 yukos e erros nosos na loita de agarres nos levan a recibir dous shidos. A rival recibe tamén 2 shidos, pero a 40 segundos do final metémonos innecesariamente detrás da rival que nos marca wazari, e por tratar de facer unha mini ponte con arqueo de pernas cambian a ippon. Unha mágoa perder o bronce así, pero contentos por ver de novo unha boa versión de Claudia tralo último torneo, onde estivemos moi por debaixo do noso nivel. 

Hugo Viqueira, cadete de último ano perdía por shidos en 1ª en -100kg, para logo gañar en repesca un combate e perder o seguinte. Faltou mais saber buscar solucións no primeiro combate e estar mais activo no último. Pero acumular combates interesaba sobre todo mais que outra cousa no seu caso. Polo tanto, somos optimistas.

Mateo Bello en -100kg tivo chance contra o navarro Lavado medallista nacional universitario, para logo gañar por shidos na repesca contra o galego Suárez, tras un mal principio, cun cambio positivo de táctica, no bronce poucas opcións deixounos Seco. 

En definitiva, ficamos satisfeitos con matices, xa que unha medalla, visto o torneo a posteriori, era o "seu", porque mostramos melloras en xeral,.Bo nivel e acumulamos bastantes combates e algúns puntos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario