Como non, outro sábado repleto de eventos. E iso que dicidimos non asistir á Copa de España A cadete en Cataluña. Pola mañá asistimos á Liga de Oleiros, cuxa primeira xornada era evento único en modalidade individual en s15 e s9. Para á 3ª xornada da Liga Rías Altas, en Arteixo, decidimos asistir só pola tarde cos s18 e equipo senior, este na modalidade por competición por equipos.
En Oleiros contabilizaban os postos só na categoría s15, mentras que en s9 non había clasificacións. Nesta última estiveron 10 judokas do club.
En -38kg Nahuel Matarelli empezou con malos agarres, inusuais nel, e perdeu; na repescas mellor, gañando, para no seguinte combate ser contrado. Aparte deste 7º posto, neste peso conseguía Simón González o bronce tras un comenzo irregular, para logo ir entonando e facer na repesca combates duro, o último con golden score de máis de 7 minutos. Moita paciencia e estar moi centrado, seguindo a táctica prevista foron a clave. En -46 kg Martín López non pelexou tan fino como na última vez e caeu no primeiro e na repesca. Neste peso, combate duro pero con malas decisións tecnicamente falando de Liam Otero, quen contabamos velo no máis alto, aparte dun yuko destes novos boca abaixo no último segundo levarónno á repesca, onde sen facer como adoita facer, competiu ben e logrou o bronce. En -50kg Martiño Romero fixo combates longos na súa liga clasificatoria, na que marcou varias veces nos seus dous combates e foi quen de manterse na estratexia limitando os riscos para meterse merecidamente en semis, onde fixo un bo combate ao final do cal foi proxectado. Merecido bronce para el. En -60 kg unha boa prata de André Míguez, quen sería ouro de non ser por facerse un auto ippon nun combate que ían gañando. Bo traballo! Abaixo os podios seguindo a orde dos pesos.
LIGA RÍAS ALTAS S18 INVIDIDUAL e SENIOR POR EQUIPOS
Dani González era o noso único representante en Arteixo en s18, saíndo en -55kg, onde perdeu en primeira ronda e na repesca. Estamos algo atascados ultimamente nos campionatos, pero o seu traballo nos adestramentos é bo así que de seguro cambiará a tendencia. Abaixo na foto co equipo senior e o compañeiro Salus, quen acudiu para apoiar @s compañeir@s.
Formaban o equipo: -66M Hugo Soria (Famu), -75M Giga Gigani e Mario Vilaseco, -85M David Álvarez e o s18 Hugo Viqueira, +85M Tony Sandino (Oleiros) e Mateo Bello (junior 1º ano), -60F Claudia Martínez (junior) e Claudia Vilaseco (s18).
Equipo variado no perfil d@s judokas e en xeral un bo papel, que nos levou a un bronce nun evento no que a igualdade foi xeral. Nos combates decisivos nas situacións comprometidas David e Sandino tiraron de veteranía e Hugo Soria fixo unha gran competición. Hugo Viqueira deunos o punto que aseguraba ao noso favor o bronce. O resto do equipo, con Mateo e Mario descansando para reservar ao primeiro para o nacional junior do próximo sábado, fixeron combates duros, que mostran a profundidade do noso equipo.
En cuartos de final empate 3-3 vs Fibra, segundos ao final da competición. No sorteo de desempate, sae +60kg, onde a nosa cadete -70kg non saiu, tras mancarse sen gravidade ante a rival senior +78kg. Na repesca de novo 3-3 ante o Compostela e no desempate, ippon rápido de Hugo Soria en -66k. No bronce victoria por 5-1 ante o JK. Noraboa ao equipo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario