sábado, 17 de enero de 2026

SECTOR NACIONAL JUNIOR, ASTURIAS: 3º MATEO e 7º HUGO + NUCLEO USC

Este sábado 17 de xaneiro tiñamos doble compromiso d@s judokas do club: por unha banda o Campionato de España Junior fase Oeste en El Entrego, Asturias. Pola outra banda, un novo adestramento do Núcleo da USC na sala de judo do Campus Sur en Santiago.

Co obxectivo de lograr estar entre os 3 primeiros dos respectivos pesos e así conseguir a clasificación para a fase final do Campionato de España Junior o 31 xaneiro deste mes, partían Hugo Viqueira en -81kg e Mateo Bello en -100kg coa expedición galega cara Asturias. As CCAA participantes son Galicia, Castela-León, Cantabria e Asturias. 

Mateo obtía o bronce en -100kg na súa liga, na que aínda que os combates perdidos foron disputados, as sancións foron numerosas e a falta da habitual capacidade de ataque de Mateo levou a ditas derrotas. A victoria vs Calle de Castela-León dábanos o pase á fase final, obxectivo da tempada. Co cal, aínda que as sensacións este ano son mesturadas, imos acadando con Mateo os obxectivos deste ano e pensando na súa progresión para o seguinte. 

Hugo comezaba con combate previo ante o castelán-leonés Del Val, no que unha loita de agarres demasiado simple favorece ao tipo de judo do rival, quen nos marca ippon. Na repesca duro combate contra o asturiano Sánchez Álvarez, bronce na Copa de Torrelavega, quen daquela nos gañou, así como ao hoxe ouro no sector, o galego Tenreiro. Aínda que foi moi igualado a primeira metade foi do rival quen cun sutemi marcaba wazari e logo yuko, pero Hugo subiu ritmo, empezou a imporse e nun bo traballo no chan logra a victoria. O seguinte combate repite algo o esquema, pero a diferencia é que non remontamos a pesar de estar cerca de conseguir sacarlle o terceiro shido ao asturiano Fernández García, quen se leva a victoria por wazari. Temos que correxir certos erros e traballar no que non nos está funcionando ultimamente. Pero Hugo non nos esquezamos é aínda cadete e está na loita por entrar por ranking nacional e galego na clasificación para o Nacional da categoría.

Noraboa a ambos!!



Na sala de judo do Campus Sur na USC 14 judokas do club e o sensei Manuel participaban nunha nova quenda do Núcleo de Adestramento da USC, froito do convenio entre a USC, a Federación Galega de Judo e a Delegación de Judo de Santiago. Judokas desde s11 a senior de varios clubs de Lugo, Rías Baixas, Santiago, A Estrada, etc participaron neste adestramento. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario