Unha nova fin de semana con dous eventos nos que o club tiña participantes. O sábado 31 loitaba no Campionato de España Junior en Pamplona Mateo Bello en -100kg, coa finalidade de dar guerra no seu primeiro ano de junior nun peso con opcións complicadas. Se a isto lle engadimos o rival na preliminar, o éxito alonxábase, xa que nos tocaba o ucraniano Yudanov, con licenza por Valencia, campión do mundo e de Europa s18 e prata europea s23... Na repesca, levamos ben o plan, bos agarres, iniciativa, pero baixamos a garda ante o agarre de pistola do judoka balear e caemos nun sode e quedamos fóra das medallas. Ano irregular a pesar de lograr gran parte dos obxectivos programados. Agora toca empezar a preparar a tempada próxima.
En Friol participaban o domingo 1 de febreiro 30 judokas do club desde biberón ata s18. Nesta segunda xornada da Liga Golden Serpe traiamos a 2 s15, Simón e Nahuel, nun peso moi complicado; saía Claudia Vilaseco en s18, quen salvo un despiste no primeiro combate, fixo unha boa competición nos seus tres combates. Os tres en xeral loitaron ben e ata o final. Na seguinte competían os alevíns, e pola tarde os benxamíns e os prebenxamíns. A expedición contou cos 4 senseis Nico, Manuel, Fran e Mano.
Bos e numerosos combates, gran ambiente nun longo día. Noraboa a tod@s!







No hay comentarios:
Publicar un comentario