sábado, 19 de octubre de 2024

SABADO 19 OUTUBRO: GALEGO SENIOR CLAUDIA E DAVID QUINTOS + NUCLEO USC

Doble cita este sábado 19 de outubro co campionato de Galicia senior, con 3 judokas, e co núcleo de adestramento da USC ata s18, con 4. 

No Campionato de Galicia ficamos cun sabor agridoce, porque aínda que en xeral mostramos bo nivel, pequenos erros leváronnos a quedar fóra das medallas. Dous quintos e unha participación foron os resultados colleitados. 

Tomás Vázquez -66kg segue pouco a pouco collendo o ritmo, mais hoxe non estivemos finos nos desplazamentos, o que nos fixeron perder de barrido ante Infanzón, quen logo perdía vs o prata nacional junior Samu Tato, co cal a repesca non era posible. 

Claudia Martínez en -52kg gañou a Bernárdez do Pontevedra por wazari, para logo en semis, levando os agarres errar no desplazamento ao empuxar o que é aproveitado por Blanco do Bergantiños. No bronce, sacamoslle o shido a Silva do Hércules, pero non protexemos ben e nos proxectan con sumi gaeshi e inmovilizan. Moitas mellores as sensacións que na última competición, unha mágoa non ter aproveitado mellor ás oportunidades. Agora a centrarse nos últimos toques do exame de cinto negro. 

David Alvarez loitaba na concorrida categoría de -90kg, gañando en primeira con solvencia en primeira ronda por 2 wazari ante o Zatarin do Parque Sport. En cuartos entramos no xogo do coruñés Iglesias, quen nos proxecta por ippon. Na repesca, victorias convincentes ante López do Hércules e Polo do JK. No bronce nun barrido caemos ao chan e Trillo do Bitácora enlaza rápido a estrangulación, sen darnos opción. Un novo quinto posto para David, quen sempre está a punto de. Bo judo en xeral, pero os matices importan e foron os que decidiron en parte o seu posto final, meritorio en todo caso tras cinco combates. 

Na sala de judo da USC tiña lugar outro novo adestramento do Núcleo da USC, en colaboración coa Federación Galega de Judo con judokas ata s18 de 7 clubs distintos. Adestraron hoxe os s18 Claudia V, Mateo e Hugo e o s15 Liam.


No hay comentarios:

Publicar un comentario