domingo, 3 de noviembre de 2024

EXAME CINTO NEGRO NO COLEXIO LA SALLE

Hoxe sábado 03 novembro 4 d@s nos@s judokas  aprobaban merecidamente o exame de cinto negro, celebrado no pavillón do colexio La Salle Santiago. A dita proba presentabanse tamén judokas da comarca santiaguesaz Lugo e Rías Baixas. 

O traballo, tempo e dedicación veuse premiado coa consecución do cinto negro 1º dan para Claudia Martínez, Nero (Santiago Rodríguez) e Fran Ares. Alex González pasaba a 2º dan. 

Temos que mencionar o traballo en equipo, no que os ukes xogan un papel fundamental e, aparte de Nero e Claudia, quen foron tamén ukes, viña igualmente David Álvarez, convocado pola federación galega para a fase sector oeste do campionato de España absoluto, para facer de uke a Alex. 

Polo tanto, en todos os niveis, sentimos moita satisfacción e orgullo no club. 

Noraboa!!!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario