lunes, 18 de noviembre de 2024

SECTOR OESTE CAMPIONATO ESPAÑA ABSOLUTO 2024

Trala xornada de Cambre da Liga Rías Altas o sábado, volviamos a Coruña, neste caso á capital, onte domingo 17 de novembro para a disputa da fase sector oeste do Campionato de España absoluto. Os tres primeiros de cada peso obteñen a clasificación para a fase final. 

David Álvarez Celemín, en -90kg, saía ao tatami coa finalidade clara de clasificarse. Tras librar en primeira ronda, victoria en segunda en chan, tras unha boa acción de sutemi, ante o rival asturiano García Andreoletti. En semis, típico combate contra un vello coñecido, judoka super táctico. Non podemos frenar a súa táctica e entramos no xogo do judoka coruñés, quen aproveitou ao máximo o seu agarre poderoso para bloquear e a base de empurrar cara abaixo, e, ao noso ver,  en lugar de recibir shidos por bloquear, non entrar e levar ao chan a David, é David quen recibe 2 shidos seguidos.  O cambio de táctica noso leva a unha mellora, pero nos desplazamos no borde, saimos e terceiro shido, marchando para casa nun combate no que só houbo un ataque entre os dous - e foi de David. No bronce, entramos algo durmidos e nos marcan wazari, inmovilizan, e tras 8 segundos, David dase escapado. Logo en acción de ouchi, wazari para David, que ben pudo ser máis. Pero máis adiante nos confiamos no agarre e o asturiano Notario Collazo - quen logo foi o mellor bronce - consigue o ippon. 

En xeral, bo campionato, pero os matices importan neste nivel e faltounos algún puntiño en momentos claves da competición. Felicidades á David pola súa participación nesta fase do Campionato de España, e a seguir traballando, porque calidade haina. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario