sábado, 16 de noviembre de 2024

XORNADA 1 LIGA RIAS ALTAS S15 e S18: 2 PRATAS, 1 BRONCE

Hoxe sábado 16 de novembro tiña lugar a primeira xornada da Liga Rías Altas, celebrada en Cambre. A nosa expedición consistía de 6 s18 e 1 s15. Os obxectivos distintos, coma sempre: dar saída a judokas menos experimentados, preparar o campionato de Galicia para varios deles e fomentar o espírito de grupo. 

En sub15 saía Liam Otero, quen está adestrando forte, pero fáltalle aínda experiencia. No primeiro combate chegamos á técnica de oro, pero nunha acción precipitada o rival aproveita e nos marca wazari. Na repesca gañamos con solvencia no primeiro combate, para no segundo ante un judoka zurdo, non fomos quen de seguir a táctica preparada e fomos meténdonos no xogo do rival, o que nos levou á derrota. Liam ten  moita motivación, mais aínda temos que traballar a xestión dos tempos e tácticas na competición, pero falamos dun judoka s15 de primeiro ano. Así que a seguir así 

En s18 un pouco de todo, pero dentro dos posibles, vistos os adestramentos e campionatos, estando faltos de ritmo, concentración ou intensidade nalgúns casos. 

En -90 kg David Hernández quedaba sen medalla na súa volta á competición, o cal xa de por si é unha boa noticia, mais faltounos moita intensidade. Nese mesmo peso gañaba tres combates e perdía só un Mario Fernández, o que levaba a un triple empate na cabeza, sendo finalmente bronce polos puntos. En xeral, bo judo, bo traballo en chan e boa actitude. 



En -81 kg saía Hugo Viqueira,  quen está saíndo a copas de España e facendo con garantías.  Este peso na liga Rías Altas está moi reñido, varios dos medallistas dos campionatos de Galicia. Polo tanto, foron duros os combates, onde a estratexia e a oportunidade deron os matices para a victoria en todos os seus combates, ata chegar á final, onde iamos ben, ata que perdimos a concentración contra o rival ferrolán, quen sabemos que ataca a cinto e logo cambio atrás... e así foi nese lapso. En xeral, Hugo estivo moi ben; temos que traballar detalles, matices para as Copas de España, pero estamos na liña que sabemos que Hugo pode seguir. 


En -70 kg Claudia Vilaseco lograba a prata, pero faltounos moita intensidade, ritmo e manternos na táctica. Pensamos que con outra mentalidade, ben podiamos levarnos a victoria do peso. A seguir traballando e mellorar.


Tamén participaban Lucas García -66kg, Gabi Landín -50kg, Jesús López -55kg, todos eles perdendo en primeira ronda e na repesca. Lucas empezaba contra un judoka coruñés mais experimentado, para logo na repesca sucumbir. Temos que seguir traballando nos adestramentos detalles da competición, pero motivación non falta. Gabi fixo un gran primeiro combate onde en judo chan foi quen de escapar a moitas situacións de perigo, ata que na golden score xa non foi posible. En repesca sucumbimos, pero moi boa actitude. Jesús volvía tras unha longa tempada sen competir, cousa que se notou moito e niso temos que redundar no día a día, en volver aos patróns de adestramento que nos leven á mellora.

En xeral, satisfeitos pola actitude e unión do grupo... e seguir loitando.

Noraboa a tod@s!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario