domingo, 10 de noviembre de 2024

SUPERCOPA JUNIOR XIXÓN e NUCLEO ADESTRAMENTO USC

Doble compromiso o d@s nos@s judokas esta fin de semana: o Núcleo de Adestramento da USC en Santiago o sábado 09 pola mañá e o domingo 10 a Supercopa de España Junior de Xixón. 

O sábado 09 tiña lugar un novo adestramento do Núcleo da Comarca, organizado pola Delegación de Santiago en colaboración coa Federación Galega de Judo e a USC. Participaban Lucas, Mateo, Hugo, Mario F, Claudia V, David P, Liam e Claudia M.


Logo do adestramento, Claudia Martínez e o aínda cadete Mateo Bello, saían co sensei Nico e uníanse á expedición do NuGa na viaxe a Xixón, para pesarse pola tarde e ao día seguinte loitar na Supercopa de España Junior. Xa en Asturias viría Tomás Vázquez, quen estuda en Madrid. 

Viñamos con expectativas altas con Mateo e con obxectivos distintos con Tomás e Claudia. Mateo viña coa idea de sumar puntos no ranking nacional e galego de -100kg, nos que está bastante arriba, a pesar de ser cadete de último ano. Non estivo moi fino, perdía en 1ª, para gañar na repesca e no primeiro combate de repesca perdía nunha acción de sutemi desordenada do rival, pero que acababa con wazari e lesión no hombro de Mateo. Esperamos estes días ver a súa evolución. 7º posto, que lle permite segir sumar puntos. 

Tomás non saía moi centrado na numerosisima categoría de -66kg, con case 60 judokas.Victoria por 2 wazari, para logo nun combate ben controlado, deixar as defensas abertas e nos meten un kata guruma e quedamos sen repesca. Claudia Martínez en -52kg segue na súa liña ascendente, recuperando o seu nivel. No primeiro combate, victoria convincente por 2 wazari ante a rival vasca. En segunda perdemos ante a judoka asturiana, para logo na repesca, levar o combate ben controlado, pero nunha aparente acción fóra de perigo, facemos unha moi mala defensa a juji e nos marcan ippon. 9º posto que reflicte un moi bo traballo, pero tamén a importancia dos detalles en competición. En todo caso, a seguir traballando os 3 para os seguintes compromisos!

Podios galegos
Judokas e adestrador@s do NuGa


No hay comentarios:

Publicar un comentario